Haploloxía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A haploloxía é un tipo de redución por síncope silábica (disimilación) que consiste en que dúas sílabas con secuencia fónica moi semellante se simplifican nunha soa, ou ben unha sílaba suprímese cando na mesma palabra aparecen contiguas dúas sílabas iniciadas pola mesma consoante.
- A verba latina SUBSOLANUM orixina en galego medieval SOSOLANO, que coa caída das consoantes intervocálicas queda SOSOÁO, con crase das vogais finais produce SOSOÁ e por haploloxía simplifica en SOÁ en galego moderno;
- Na palabra con étimo PERDITA sonorizouse a oclusiva dental xorda e abriuse o grao da vogal postónica breve latina no fonema / ɛ / e quedou en galego medieval PÉRDEDA: posteriormente por haploloxía, reduciuse ao actual PERDA.
Outros casos son traxicómico por tráxico-cómico e idolatría por idololatría.