Gramaticalización
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En lingüística histórica, gramaticalización é o fenómeno lingüístico consistente en que un morfema lexical se torna nun morfema gramatical. Así, a palabra latina mens, mentis (no ablativo mente) tornouse en galego e outras linguas románicas nun sufixo de adverbio de modo en claramente, inevitabelmente, etc.