Glotocronoloxía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A glotocronoloxía é unha técnica para calcular a separación temporal entre dúas linguas que se supoñen emparentadas.
Está baseada no caso de que, como efecto dos cambios interiores e das achegas exteriores, aproximadamente o 14 % das palabras básicas do vocabulario dunha lingua serán substituídas cada mil anos.
A glotocronoloxía é un método de estudo cuxos resultados non poden ser precisos. No entanto, está proposta para a investigación da evolución daquelas linguas que carecen de textos escritos, polo que hai que descartar o método comparativo, usado para a reconstrución do indoeuropeo e buscar alternativas de investigación.