Gloster Meteor
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Meteor converteuse no primeiro reactor operacional da Royal Air Force (RAF) cando en Xullo de 1944, entrou en servicio no Escuadrón 616; realizara con anterioridade o seu primeiro voo o 5 de Marzo do 1943. Ó Meteor I con motores Welland seguiuno o Meteor III, con turbinas Derwent, e ámbolos dous tiveron unha actuación relevante ó longo da II Guerra Mundial, sobre todo contra as bombas voantes V-1. O F.Mk 4 tiña motores máis potentes e formou a espiña dorsal do Mando de Caza a finais dos anos corenta. A partir do 1950, o F.Mk 4 foi remprazado polo moi mellorado F.Mk 8, con motores repotenciados e unha fuselaxe alongada que lle daba unha maior cabida de carburante e un mellor goberno a alta velocidade. Asemade instalouse unha nova cola e un asento exectábel. O derradeiro escadrón de primeira liña foi disolto en Abril do 1957, pero os Meteor serviron como remolcadores de brancos e avións estafeta ata o ano 1982. Entre os anos 1950 e 1955 o F.Mk 8 foi a espiña dorsal do Mando de caza da RAF, equipando a 19 escuadróns regulares e 10 auxiliares.
[editar] Especificacións
Tipo: Caza diurno monopraza Gloster Meteor F.Mk 8
Construtor: Gloster Aircraft Company
Ano: 1944
Principal usuario: Royal Air Force
Envergadura: 11,32 m.
Lonxitude: 13,58 m.
Altura: 3,96 m.
Área alar: 32,52 m2.
Peso baleiro: 4.846 Kg.
Peso cargado: 7.121 Kg.
Planta motriz: 2 Rolls-Royce Derwent 8 de 3.600 libras de empuxe unitario.
Armamento: 4 canóns de 20 mm a proa e foguetes ou tanques lanzábeis subalaes.
Velocidade máxima: 590 millas/h
Alcance operacional: 980 millas