Gdansk - Gdańsk
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En galego: Gdansk; en polaco: Gdańsk. Antigamente coñecida coma Cidade libre de Danzig. Tamén chamada Dantiscum, Gedanum, Gedania, Gydannyzc, Danczik, Dantzig e Gduńsk. É a capital da rexión polaca de Pomerania con preto de 400.000 habitantes e a segunda maior cidade de Polonia e importante porto marítimo. A súa importancia histórica en dúas ocasións foi fundamental: nos inicios da Segunda Guerra Mundial, por ser invadida polos nazis, e na época da Guerra Fría, por seren os seus estaleiros o lugar de onde saiu o sindicato católico Solidariedade (en polaco, Solidarnosc) que desestabilizaría o maior país satélite do bloque comunista. A súa conurbación metropolitana é tan grande que se une con outras dúas cidades (Gdynia e Sopot), co cal é coñecida coloquialmente como "as tres cidades".