Galó
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xunto co bretón, da familia das linguas celtas, o galó é unha das dúas linguas propias de Bretaña.
É unha lingua romance (por tanto, derivada do latín) pertencente ao grupo galorrománico, subgrupo de oïl. Algúns lingüistas tamén a denominan britorromance.
O galó fálase tradicionalmente na parte oriental de Bretaña (nos seus límites históricos), así como en boa parte do departamento de Mayenne e no noroeste do de Maine-et-Loire (Alto Anjou).
Dentro do dominio de oïl, o galó encádrase tipolóxica e xeograficamente na súa área occidental e, por tanto, comparte numerosas características co normando e o pictevino-santonxés.
[editar] Comparativa léxica
Galego | Bretón | Galó | Francés |
---|---|---|---|
abella | gwenanenn | avètt | abeille |
cadeira | kador | chaérr | chaise |
queixa | formaj | fórmaij | fromage |
saída | er maez | desort | sortie |
caer | kouezhañ | cheir | tomber |
cabra | gavr | biq | chèvre |
casa | ti | ostèu | maison |
labio | gweuz | lip | lèvre |
boca | genou | góll | bouche (gueule) |
número | niver | limerot | numéro |
pera | perenn | peirr | poire |
escola | skol | escoll | école |
esquío | kazh-koad | chat-de-boéz | écureuil |
estrela | steredenn | esteill | étoile |
horario | taolenn an eurioù | oryaer | horaire |
fumar | mougañ | betunae | fumer |
hoxe | hiziv | anoet | aujourd'hui |
asoubiar/chifrar | c'hwibanañ | sublae | siffler |