Fusilamento
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O fusilamento é un método de execución, particularmente é común en tempo de guerra. O pelotón de fusilamento xeralmente está formado por militares ou policías e o método require que todos os membros do pelotón disparen á vez. Tradicionalmente foi un método especialmente utilizado para executar espías e desertores dos exércitos.