Fragas do Eume
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fragas do Eume é un parque natural galego creado en 1997 que abrangue 9.127 ha, nas beiras do río Eume, dos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez. O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu explendor a diferenza doutras rexións totalmente modificadas coas repoboacións con especies foráneas. O Lugar de Interese Comunitario coincide nos seus límites co Parque Natural.
[editar] Flora
As especies dominantes son o Carballo (Quercus robur) e o castiñeiro (Castanea sativa). Tamén se atopan érbedos (Arbutus unedo) e loureiros (Laurus nobilis), así como fentos de grande interese: Culcita macrocarpa, Hymenophyllum tumbrigense e Woodwardia radicans e dúas especies raras de narcisos. Nas terras máis próximas ao río medran bosques de ribeira, con choupos e ameneiros.
[editar] Fauna
Destaca o moucho real (Buho buho), do que hai poucas parellas en Galiza, e o insecto Endromis versicolor, moi raro, así como pequenos anfibios e réptis como a salamántiga e lobos e aves de rapina.
[editar] Presenza humana
No parque están tamén os mosteiros medievais de Monfero e Caaveiro.