Fernando Pessoa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fernando António Nogueira Pessoa (1888-1935, Lisboa) foi un poeta e escritor portugués. O seu libro máis coñecido é Mensagem. Pessoa é considerado, en conxunto con Camões, un dos máis importantes poetas de lingua portuguesa. O crítico literario Harold Bloom considerouno, no seu libro The Western Canon ("O canone occidental"), o máis representativo poeta do século XX, xunto con Pablo Neruda.
Índice |
[editar] Obra poética
Considerase que a grande criación estética de Pessoa foi a xénese heteronímica praticada en súa obra. Os heteronimos, diferentes dos pseudonimos, son personalidades poéticas completas: identidades, que, en principio falsas, tornanse verdadeiras a través de súa manifestación artística própria e diversa do autor orixinal. Entre os heteronimos, o proprio Fernando Pessoa pasou a ser chamado de ortonimo, xa que era a personalidade orixinal. Entre tanto, co amadurecimento de cada unha das outras personalidades, o próprio ortonimo tornouse apenas máis un heteronimo entre os outros. Os tres heteronimos máis coñecidos (e tamén aqueles con maior obra poética) foron Álvaro de Campos, Ricardo Reis e Alberto Caeiro.
A través dos heteronimos, Pessoa conduciu unha profunda reflexón sobre a relación entre verdade, existencia e identidade.
[editar] Ortonimo
A obra ortonima de Pessoa pasou por diferentes fases, mais envolve basicamente a procura dun certo patriotismo perdido, a través dunha atitude sebastianista reinventada. O ortonimo foi profundamente influenciado, en varios momentos, por doutrinas relixiosas como a teosofia e sociedades secretas como a Mazonaria. A poesia resultante ten un certo ar mítico, heroico (case épico, mais non na acepción orixinal do termo), e por veces tráxico.É un poeta universal, na medida en que nos foi dando, mesmo con contradicións, unha visión simultaneamente múltipla e unitaria da Vida. É precisamente nesta tentativa de ollar o mundo duma forma múltipla (con un forte substrato de filosofia racionalista e mesmo de influencia oriental) que reside unha explicación plausible para ter criado os célebres heterónimos - Alberto Caeiro, Álvaro de Campos e Ricardo Reis, sen contarmos ainda co semiheterónimo Bernardo Soares.
A principal obra de "Pessoa el-mesmo" é Mensagem, unha colección de poemas sobre os grandes personaxes históricos portugueses. O libro foi, tamén, o único a ser publicado encanto foi vivo.
[editar] Álvaro de Campos
- Ver artigo principal: [[Álvaro de Campos]].
Entre todos os heteronimos, Campos foi o único a manifestar fases poéticas diferentes ao longo de súa obra. Era un enxeñeiro de educación inglesa e orixe portuguesa, mais sempre coa sensación de ser un estranxeiro en calquer parte do mundo.
Comeza a súa traxectoria como un decadentista (influenciado polo Simbolismo), mais logo adere ao Futurismo. Despois de unha série de desilusións coa existencia, asume unha vea nihilista, expresa naquel que é considerado un dos poemas máis coñecidos e influentes da lingua portuguesa, Tabacaria.
[editar] Ricardo Reis
- Ver artigo principal: [[Ricardo Reis]].
O heterónimo Ricardo Reis é descrito como sendo un médico que se definia como latinista e monárquico. De certa maneira, simboliza a heranza clásica na literatura occidental, expresa na simetria, harmonia, un certo bucolismo, con elementos epicuristas e estóicos. O fín inexorable de todos os seres vivos é unha constante en súa obra, clásica, depurada e disciplinada.
Segundo Pessoa, Reis mudouse para o Brasil en protesta á proclamación da República en Portugal e non se sabe o ano de súa morte.
José Saramago, en O ano da morte de Ricardo Reis continua, nunha perspectiva persoal, o universo deste heterónimo, despois de a morte de Fernando Pessoa, cuxo fantasma establece un diálogo co seu heterónimo, sobrevivente ao criador.
[editar] Alberto Caeiro
- Ver artigo principal: [[Alberto Caeiro]].
Caeiro, por seu lado, teria sido un camponés sen estudos formais, mais considerado o mestre entre os heteronimos (polo ortonimo, inclusive). Tamén é coñecido como o poeta-filósofo, mais rexeitaba este título e pregaba unha "non-filosofia". Acreditaba que os seres simplesmente son, e nada máis: irritabase coa metafísica e calquer tipo de simboloxía para a vida.
Posuía unha linguaxe estética direta, concreta e simples, mais ainda así, bastante complexa do ponto de vista reflexivo. Seu ideario resumese no verso Hai metafísica bastante en non pensar en nada. Súa obra está agrupada na coletanea O guardador de rebaños.
[editar] Biografia
Apesar de ter nacido en Lisboa, Fernando Pessoa viveu súa infancia e adolecencia en Durban, na África do Sur, o que lle propicia un profundo contato coa lingua inglesa. Perdeu o pai, vítima de tuberculose, cando tiña cinco anos de idade e súa mai casou novamente cando tiña sete. Terminou os seus estudos naquel país na Universidade do Cabo (onde recebera o Queen Victoria Memorial Price polo mellor ensaio). Encanto estudaba, regresou a Portugal durante un ano para reencontrar as familias paterna (en Tavira) e materna (na Illa Terceira).
Regresou definitivamente a Lisboa en 1905, frecuentando durante dous anos o curso Superior de Letras da Universidade de Lisboa. Pasa a se dedicar, no entanto, á tradución de correspondencia comercial.
Pessoa é internado no dia 29 de Novembro de 1935, no Hospital de S. Luis dos Franceses, vítima dunha crise hepática. No dia 30 de Novembro morre. Nos últimos momentos da súa vida pede as gafas e clama polos seus heterónimos.
Na comemoración do centenario do seu nacimento en 1988 o seu corpo foi transladado para o Mosteiro dos Xerónimos, confirmando o recoñecimento que non tivo en vida.
[editar] Curiosidades sobre Fernando Pessoa
- Fernando Pessoa tiña o hábito de facer constantes consultas astrolóxicas para si mesmo.
- Para sobreviver, o poeta traballaba como correspondente comercial, nun sistema que hoxe denominamos “free lancer”. Así, podia traballar dous dias por semana, deixando os demais apenas para dedicarse á súa grande paixón: a literatura.
- Cecilia Meireles foi a Portugal para proferir conferencias nas Universidades de Coimbra e Lisboa. Era o ano de 1934. Un grande desexo seu era coñecer o poeta de quen tiña se tornado admiradora. A través dun dos escritorios para o cal traballaba o poeta, conseguiu comunicarse con el e marcar un encontro. Ese encontro ficou fixado para o meo-dia, mais ela esperou inutilmente ata as dúas da tarde, sen que Fernando Pessoa dese o ar da súa presenza. Cansada de esperar, Cecilia voltou ao hotel e tivo a surpresa de atopar un exemplar do libro Mensagem e un recado do misterioso poeta, xustificando que non comparecera porque consultara os astros e, segundo seu horóscopo, “os dous non eran para se encontrar”. Realmente, non se encontraron, nen houbo máis moita oportunidade para iso, xa que no ano seguinte Fernando Pessoa faleceu.
- É comun ouvirmos as persoas perguntaren se é verdade que Fernando Pessoa era homosexual. Sobre iso, vale a pena facer os seguintes comentários:
-
-
- Non hai calquer información, oral ou escrita, de que el teña tido un caso con outro home. Por máis discreto que tivese sido, sempre ficaria algo que máis tarde o comprometeria, como aconteceu co discretísimo Mario de Andrade. No entanto, ata hoxe, nada se descobriu.
- Nos versos de Pessoa, el mesmo, ou sexa, o ortonimo, non encontramos calquer insinuación a tendencia ou desexo homosexual. Polo contrario, hai os versos eróticos de “Dá a surpresa de ser”, en que palpita o desexo ardente por unha muller bela e madura. Alén diso, é de coñecimento público o seu noivado con Ofelia.
- Hai no entanto, nos versos de Álvaro de Campos, sinais fortes e evidentes dun homosexualismo coñecido e asumido. O enxeñeiro futurista confesa súa admiración por outro poeta homosexual, Walt Whitman, e deixa transparecer súa opción sexual, máis dunha vez, en versos como os seguintes:
-
-
-
- “A miña feminidade que vos acompaña é ser as vosas almas!” (Ode Marítima); ou
- “contar áquele pobre rapazito / que me deu tantas horas tán felices,” (Soneto xa antigo); ou ainda
- “Eu, que teño sentido o piscar de ollos dos mozos de fretes,” (Poema en liña reta);
- “(Fui) todos os pederastas - absolutamente todos (non faltou nengun).” (Pasaxe das horas).
-
[editar] Nota auto-biográfica de Fernando Pessoa (1935)
Visto esta biografía ter sido escrita polo próprio escritor é de referir que nen todos os factos importantes constan dela. Está, por tanto, incompleta e segue os desexos e interpretacións do autor.
("Nota biográfica escrita por Fernando Pessoa en 30 de Marzo de 1935 e publicada, en parte, como introdución ao poema editado pola Editorial Imperio en 1940 e intitulado: "Á memoria do Presidente-Rei Sidónio Pais")
Nome completo: Fernando António Nogueira Pessoa.
Idade e naturalidade: Naceu en Lisboa, freguesia dos Mártires, no prédio n.º 4 do Largo de S. Carlos (hoxe do Directorio) en 13 de Xuño de 1888.
Filiación: Fillo legítimo de Xoaquín de Seabra Pessoa e de D. Maria Madalena Piñeiro Nogueira. Neto paterno do xeneral Xoaquín António de Araúxo Pessoa, combatente das campañas liberais, e de D. Dionísia Seabra; neto materno do conselleiro Luís António Nogueira, xurisconsulto e que foi Director-Xeral do Ministerio do Reino, e de D. Madalena Xavier Piñeiro. Acendencia xeral: misto de fidalgos e xudeus.
Estado: Solteiro.
Profisión: A designación máis própria será «tradutor», a máis exacta a de «correspondente estranxeiro en casas comerciais». O ser poeta e escritor non constitui profisión, mais vocación.
Morada: Rua Coello da Rocha, 16, 1º. Dto. Lisboa. (Enderezo postal - Caixa Postal 147, Lisboa).
Funcións sociais que ten desempeñado: Se por iso se entende cargos públicos, ou funcións de destaque, neñumas.
Obras que ten publicado: A obra está esencialmente dispersa, por encanto, por varias revistas e publicacións ocasionais. O que, de libros ou folletos, considera como válido, é o seguinte: «35 Sonnets» (en inglés), 1918; «English Poems I-II» e «English Poems III» (en inglés tamén), 1922, e o libro «Mensaxem», 1934, premiado polo Secretariado de Propaganda Nacional, na categoria «Poema». O folleto «O Interregno», publicado en 1928, e constituído por unha defesa da Ditadura Militar en Portugal, debe ser considerado como non existente. Hai que rever tudo iso e talvez que repudiar moito.
Educación: En virtude de, falecido seu pai en 1893, súa mán ter casado, en 1895, en segundas núpcias, co Comandante Xoón Miguel Rosa, Consul de Portugal en Durban, Natal, foi ali educado. Gañou o prémio Raiña Vitoria de estilo inglés na Universidade do Cabo da Boa Esperanza en 1903, no exame de admisión, aos 15 anos.
Ideoloxía Política: Considera que o sistema monárquico seria o máis próprio para unha nación organicamente imperial como é Portugal. Considera, ao mesmo tempo, a Monarquía completamente inviable en Portugal. Por iso, a haber un plebiscito entre reximes, votaria, aínda que con pena, pola República. Conservador do estilo inglés, isto é, liberdade dentro do conservantismo, e absoloitamente anti-reaccionario.
Posición relixiosa: Cristán gnóstico e portanto inteiramente oposto a todas as Igrexas organizadas, e sobretudo á Igrexa de Roma. Fiel, por motivos que máis adiante están implícitos, á Tradición Secreta do Cristianismo, que ten íntimas relacións coa Tradición Secreta en Israel (a Santa Kabbalah) e coa esencia oculta da Mazonaria.
Posición iniciática: Iniciado, por comunicación directa de Mestre a Discípulo, nos tres graus menores da (aparentemente extinta) Orde Templaria de Portugal.
Posición patriótica: Partidario dun nacionalismo místico, de onde sexa abolida toda a infiltración católico-romana, criandose , se posible for, un sebastianismo novo, que a substitua espiritualmente, se é que no catolicismo portugués houbo algunha vez espiritualidade. Nacionalista que se guía por este lema: «Tudo pola Humanidade; nada contra a Nación».
Posición social: Ánticomunista e anti-socialista. O máis deducese do que vai dito acima.
Resumo de estas últimas consideracións: Ter sempre na memoria o mártir Jacques de Molay, Grán-Mestre dos Templarios, e combater, sempre e en toda a parte, os seus tres asasinos - a Ignorancia, o Fanatismo e a Tirania
Lisboa, 30 de Marzo de 1935"
[editar] Referencias
[editar] Artigos relacionados
- Modernismo
- Literatura moderna
- Poesía moderna
- Portugués