Expediente Picasso
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Coñécese como Expediente Picasso ao informe redactado polo Xeneral Juan Picasso González e que relata os feitos ocorridos na comandancia de Melilla nos meses de xullo e agosto de 1921: o Desastre de Annual.
En agosto de 1921, o rei Afonso XIII encarga formar goberno a Antonio Maura, tras a crise vivida en España despois do desastre de Annual. Maura escolle como Ministro da Guerra a Juán de la Cierva y Peñafiel, vizconde de Eza. De la Cierva márcase como obxectivo prioritario esclarecer os feitos que provocaron o Desastre, e para tal obxectivo, redacta o 4 de agosto unha Real Orde que nomea ao Xeneral da División Juan Picasso como Instrutor e a Juan Martínez de la Vega y Zegrí como auditor. As procupacións do xeneral Dámaso Berenguer acerca de que a investigación puidese mostrar responsabilidades do Alto Mando, presiona ao Vizconde de Eza para que o alto Mando quede fora das investigacións de Picasso, e o Vizconde cede.
Picasso mostrouse en desacordo con esta posición do ministro, manisfestando a súa vontade de pór á luz tódolos feitos, aínda que lle ofreceu ao Vizconde a posibilidade de ser relevado da comisión para continuar o seu traballo como representante na sociedade de Nacións. Temendo a dimisión, o Vizconde cede ou se ben veta calquera investigación que poida afectar ao Alto Mando.
Picasso non dimite e comeza a investigación trasladandose a Melilla, onde toma declaración a 79 persoas, soamente en relación co Desastre de Annual. Xunto a cada nome das persoas involucradas no desastre escribe «Morto», «Desaparecido», «Presente» ou «Plaza». O 23 de xaneiro de 1922 regresa á Península tras nove meses de traballo, cun informe composto por 2433 folios nos que se mostra que as responsabilidades chegan a Afonso XIII.
O expediente, que califica como neglixente a actuación do xeneral Berenguer (Alto Comisario) e de Navarro (Segundo xefe da comandancia Xeral de Melilla) e de temeraria a actuación do xeneral Manuel Fernández Silvestre, é rexistrado no Congreso o 18 de abril de 1922 e en xullo é presentado ao Consello Supremo de Guerra.
Ese mesmo ano crease unha comisión parlamentaria de Responsabilidades, denominada comunmente "La de los Diecinueve". Máis tarde crearíase outra chamada "La de los Veintiuno" que é a encargada de emitir unha resolución en 21 días. Ante a imposibilidade de realizala déixaa para o 1 de outubro de 1923. Pero o 13 de setembro de 1923 o xeneral Miguel Primo de Rivera dá un Golpe de Estado e faise co poder. Co temor de que o Expediente fose destruído, Bernardo Mateo Sagasta Echeverría sácao dos arquivos e agóchao na Escola Especial de Enxeñeiros Agrónomos, onde se agochará até a Segunda República.