Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo terrorista galego cuxo obxectivo era a independencia de Galiza e a transformación da sociedade cara o socialismo.
Veu a luz pública en 1986 e estivo formado no inicio por militantes de Galiza Ceive-OLN e algún membro da UPG.
Realizou un total de 90 accións terroristas, a última o 13 de setembro de 1991. En 1989 asasinan a un garda civil no concello de Irixoa e entre 1989 e 1990 foi desartellada pola policía e garda civil, desaparecendo totalmente en 1993.
A súa expresión política foi Galiza Ceive-OLN, primeiro integrada na Frente Popular Galega e logo dando orixe á Assembleia do Povo Unido foi a súa expresión política.