Euskal Ezkerra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Euskal Ezkerra (EuE) foi un partido político nacionalista vasco de esquerda que naceu en 1993 como unha escisión de Euskadiko Ezkerra.
Tras decidiren a maior parte dos militantes de EE fusionarse co Partido Socialista de Euskadi, o sector minoritario decidiu fundar un novo partido que contou coa maioría dos cargos electos de EE, entre eles Kepa Aulestia, Pretendía aglutinar a aqueles sectores da esquerda que non comungaban cos postulados de Herri Batasuna pero que defendían o dereito de autodeterminación para o conxunto de Euskal Herria.
Nas eleccións xerais de 1993 presentouse en coalición con Eusko Alkartasuna pero obtivo un resultados peores que os que obtivera en solitario EA en 1989. O fracaso electoral levou á ruptura da coalición e a disolución de EuE pouco tempo despois.