Estrutura Richat
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A chamada estrutura Richat, unha forma circular no Deserto do Sáhara de Mauritania, atraeu a atención dende as primeiras misións espaciais debido a que conforma un marcado ollo escuro na vastedade erma e monótona do deserto. Descrita por algúns coma unha prominente amonita no deserto, a súa visibilidade (ten un diámetro de case 50 quilómetros) converteuse nunha referencia para as tripulacións espaciais. Inicialmente interpretouse coma o impacto dun meteorito debido ó seu alto grao de cirularidade, inda que agora pénsase que non é máis ca un afloramento simétrico dun anticlinal amosado pola erosión. As bases resistentes inferiores que a rodean están formadas por cuarcita do Paleozoico.
O texto orixinal procede do Observatorio terrestre da NASA