Estat Català
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Estat Català é un partido independentista catalán fundado por Francesc Macià o 18 de xullo de 1922. Coa chegada da ditadura de Primo de Rivera o partido pasou a ser ilegal e a súa sección paramilitar, La Bandera Negra, realizou accións armadas contra a ditadura e tentou sen éxito asasinar a Afonso XIII (1925). No ano 1926 EC organizou o Exèrcit Català para realizar unha tentativa de invasión armada de Cataluña desde a fronteira francesa (Els Fets de Prats de Molló) que fracasou pola intervención da xerdamería francesa pero que tivo ampla difusión na prensa internacional ó ser detidos e xulgados os responsables da acción en París.
En 1931, xunto co Partit Republicà Català e o grupo L'Opinió fusionáronse en Esquerra Republicana de Catalunya, EC conservou unha ampla autonomía dentro de ERC e durante a Guerra Civil formou unidades de combate propias.
Durante a Segunda Guerra Mundial intégrouse na Front Nacional de Catalunya ata que en 1947 decidiu marchar da organización, no franquismo EC reorganizouse no exilio francés e mantivo unha certa estrutura no interior de Cataluña. Legalizado en 1977 EC mantense como un partido con escasos resultados electorais.
[editar] Eleccións
- Xerais 1979: 6.328 votos (0.22%)
- Autonómicas 1999: 1.774 votos (0.06%)
- Xerais 2000: 2.321 votos (0.07%)
- Autonómicas 2003: 1.890 (0.06%)
- Europeas 2004: 2.594 votos (0.02%)
- Cataluña: 1.540 votos (0.07%)
- Comunidade Valenciana: 186 votos (0.01%)
- Baleares: 48 votos (0.02%)