Enroque
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xogada do xadrez que consiste nun intercambio de posicións entre o rei e algunha das torres. Esta xogada ocupa un movemento e para executala débese proceder coma segue: o rei desprázase dúas posicións sempre en dirección lateral, e logo a torre situada no curruncho lateral correspondente colócase entre onde estaba o rei e onde se colocou. A súa realización só está permitida se se cumpren ó mesmo tempo as tres seguintes condicións:
- A torre que se vai usar para enrocar aínda non se moveu nunca en todo o que a partida leva transcorrida, dá igual ;
- O rei tampouco se moveu nunca;
- Ningunha das celas que están entre o rei e a torre que se vai usar pode estar
O seu nome procede da antiga denominación da torre, o roque, que se usaba para realizar esta xogada.