EGA
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Siglas de Enhanced Graphics Adapter (adaptador gráfico mellorado). Padrón gráfico que superaba as posibilidades dos anteriores permitindo resolucións de ata 640x350 e 16 cores. En modo texto traballaba ben con 25 filas e 80 columnas, ben con 43 filas e 80 columnas. O tamaño dos carácteres era de 14 puntos de ancho e 8 de alto. As dezaseis cores que poden ser vistas simultaneamente son elixidas dunha paleta de 64 cores.
[editar] Ver tamén
- Monitor
- Tarxeta gráfica
- Frecuencia de anovado