Dourados
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dourados | |
---|---|
Estado | Mato Groso do Sur |
Área | 4096,98 km² |
Poboación | 179 810 (2004) |
Altitude | 430 m sobre o nivel do mar |
Latitude | 22° 13' 16 S |
Lonxitude | 54° 48' 20 O |
Distancia de Campo Grande | 225 Km |
Código postal (CEP) | 79800-000 |
Administración local: | Prefeitura Municipal de Dourados Rua João Rosa Goes, 395 - centro |
Internet: | http://www.dourados.ms.gov.br |
Alcalde (Prefeito) | Laerte Tetila (PT) |
Dourados é unha cidade do estado brasileiro de Mato Grosso do Sul situada a 225 km ao sur de súa capital, Campo Grande.
As súas principais actividades económicas son a agricultura e a creación de animais: é o principal produtor de millo e mel de abella do estado, e o segundo en produción de soia, feixón, en granxas de porcos, polos e galiñas. Tamén produce ovos, trigo, leite, e ten criadeiros de verme da seda. As industrias locais son principalmente de transformación de produtos agropecuarios, sobre todo alimentos, como a FRANGOSUL.
A cidade non ten moitos atractivos turísticos naturais. Aínda así, posui 32 hoteis para recibir os visitantes atraidos pola súa exposición agropecuaria (EXPOAGRO), ou polos eventos científicos da súa universidade, ou tamén polo Campionato Brasileiro de Motocross, ou mesmo que a utilizan como escala en viaxes ata Pedro Juan Caballero, no Paraguai, ou para o turismo de negocios (comerciantes que se dirixen á rexión para comprar produtos agropecuarios e pernoitan na cidade). Polo seu tamaño, a cidade funciona tamén como un pólo de comercio e servizos para municipios veciños.