Disgrafía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Incapacidade evolutiva ou deterioro importante da escrita. Adoita manifestarse na má formación das letras, na descorganización e nunha coordinación viso-motora fina limitada. O éxito do tratamento destes problemas está relacionado co desenvolvemento global das habilidades da linguaxe que incidan no ensino de conceptos direccionais, temporais e espaciais, e na redución da angustia.