Diabete
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A diabete é un grupo de enfermidades caracterizadas por unha excesiva secrección de urina (poliuría), así como por sede (polidpsia) e fame (polifaxía) intensas.
O termo diabete emprégase en dous tipos de enfermidades bastante diferentes:
A máis común é a diabete mellitus que inclúe a diabetes tipo 1 (diabete infantil), a tipo 2 (inicio en adulto) e a diabete xestacional (diabetes durante a gravidez), e outra menos común que é a Diabete insípidus.