Dequeísmo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O dequeísmo consiste nunha utilización incorrecta da partícula de (preposición) xunto á partícula que conxunción en proposicións completivas ou subordinadas substantivas de obxecto directo:
- Díxome de que virá mañá pola tarde (incorrecto) por Díxome que virá mañá pola tarde (correcto).
- Pensou de que a terra era redonda (incorrecto) por Pensou que a terra era redonda (Correcto).
- Opinaban de que as eleccións estaban amañadas (incorrecto) por Opinaban que as eleccións estaban amañadas (correcto)
O dequeísmo é un anacoluto que deriva do cruzamento de dúas estruturas sintácticas, a de complemento directo e a de complemento de réxime ou, na terminoloxía de Emilio Alarcos Llorach, suplemento:
- Pensou (diso) que non era o correcto = Pensou de que non era o correcto.
Por ultracorrección, ás veces pode darse o fenómeno contrario: a supresión dun de necesario na construción dun complemento de réxime ou suplemento.