Díxito
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Do latín "digitum" (dedo).Cada unha das cifras que ten un número. Estas poden variar en cada sistema de numeración. Fai referencia ó uso que nos primeiros tempos se facía dos dedos para contar. Como exemplo, no sistema de numeración decimal, utilizamos os díxitos 0,1,2,3,4,5,6,7,8,9. No sistema de numeración romano, entre outros, están os díxitos básicos I (1), V (5), X (10), L (50), C (100), D (500) e M (1000).