Couxela, Ribadeo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
(Parroquia de Santiago, Ribadeo, Lugo) Documentado como 'Coegela'
Santiago de Coxela Limita coas parroquias de Vegadeo (Asturias), pola cal é separarada polo río Eo; A Valboa (concello de Trabada), Vilausende (o norte) e Cedofeita (o leste). Tan so o regato da Ferreira fai de limite natural co concello de Trabada. A freigresía pertencente o arciprestazgo de Ribadeo con 156 habitantes, agrupados en 11 entidades de poboacion e 2 lugares, cunha densidade media de 34'2 hab/km2 segundo censo do 2004.
- As entidades de poboacion son as seguintes: Os Casais (26), A Casanova (9), As Cerdeiriñas (6), Cima de Vila (9), Fornelo (17), Irexe (26), Maizán (16), Moural (3), Sendín (21), A Venda (12) e A Xunqueira (11).
- Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son: Os Bispos e O Rego.
Situación xeográfica | |
---|---|
Mapa de ubicación en Galiza da parroquia Couxela, Ribadeo |
|
Concello ó que pertence: Ribadeo |
Situacion xeografica da capital parroquial:
Latitude: 43º 28'
Lonxitude: 7º 05'
Superficie: 4,56 Km²
Altitude media: 230 m.
- Festas:
Na actualidade Couxela, so celebra a Festa da Virxe das Dores, o cuarto Domingo de Setembro. Tempos atrás celebrabanse tamén as de: San Brais (3 de Febreiro), a de San Anton (13 de Xuño) e a de Santiago, que curiosamente é a patronal, o 25 de Xullo.
- Historia:
Parece ter a súa orixe en *Covus, 'cóncavo', forma latina arcaica de onde se chega á súa variante *Covius, que co engadido do sufixo -ellus danos xa *Coviella. A sílaba -vi- de Coviella evoluciona á -x- galega, como foveum > foxo, o que nos leva a Coxela. Agora ben, a -v- de *Covius representa un son palatal parasitario, parecido á w inglesa, e que nos levaría á actual -u-, breve e átona, co que xa chegamos a Couxela, coa -ll- geminada transformada en -l-.
[editar] Lugares de Couxela
Lugares da parroquia de Couxela no concello de Ribadeo (Lugo) | |
---|---|
Os Bispos | Os Casais | A Casanova | As Cerdeiriñas | Cima de Vila | Fornelo | Irexe | Maizán | Moural | O Rego | Sendín | A Venda | A Xunqueira |
[editar] Parroquias de Ribadeo
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo | |
---|---|
Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María) |