Construción endocéntrica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A construción endocéntrica é aquela construción sintáctica que consta dun núcleo, que é elemento indispensable, e doutros elementos prescindibles que complementan ao núcleo. Os sintagmas nominais son construcións endocéntricas. Por exemplo, na expresión «[o [paxaro] verde] pousou na rama da árbore», o núcleo «paxaro» podería prescindir dos outros dous elementos que lle acompañan no sintagma nominal «o paxaro verde» sen que se orixine ningunha expresión anómala.