Conceju Nacionaliegu Cántabru
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Conceju Nacionalegu Cántabru (en galego: Concello Nacionalista Cántabro) é un partido político de ideoloxía nacionalista e de esquerdas que xorde en Cantabria en 1995, como canalización de movementos con reivindicacións cantabristas que se tiñan desenvolvido en épocas anteriores. Defínese como unha organización de carácter socio-político nacionalista, que como tal busca a plena soberanía política do pobo co que se identifica, encamiñado sempre baixo os principios da esquerda. Tamén afirma o seu carácter ecoloxista e reclama o recoñecemento por parte das institucións dos gobernos español e cántabro da lingua cántabra e a toma de medidas que garanticen a súa protección, ensino e uso na vida cotiá do País.
Desde o ano da súa fundación, presentouse a tódolos comicios celebrados, tanto locais e autonómicos como estatais e europeos. Nas eleccións autonómicas de 2003 obtivo 1670 votos, sen acadar representación parlamentaria; nas eleccións municipais do mesmo ano as súas diferentes candidaturas sumaron 1100. Nas derradeiras eleccións europeas de 2004 integrouse na coalición "Europa dos Pobos" (EdP), que obtivo un eurodeputado.
[editar] Ligazóns externas
Andecha Astur | Conceju Nacionaliegu Cántabru | Chunta Aragonesista | Esquerra Republicana de Catalunya | Eusko Alkartasuna | Iniciativa Ciudadana | Partido Socialista de Andalucía |