Wikipedia:Como comezar a colaborar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Quixeramos, estimado lector ou lectora, que colaborases con nós na realización desta enciclopedia. Non te preocupes se non es un experto nalgún tema, pois hai moitas cousas nas que colaborar:
- A primeira lei fundamental é escribir artigos. Podes crealos directamente, ou copialos ou traducilos dunha fonte de dominio público ou que teña unha licenza compatible coa nosa. Se tes ganas de traducir, un sitio ideal ó que recorrer é outra das wikipedias, en especial a inglesa, que é a que ten maior movemento e por tanto máis artigos, máis extensos e mellor corrixidos en xeral. Unha lista dos seus mellores artigos (non moi actualizada) está en w:Wikipedia:Brilliant prose. Asemade tes a wikipedia en español e a wikipedia en portuguéscomo outras posibilidades. A familia de wikipedias é abondo ampla e podes elixir.
- Se queres colaborar escribindo artigos ou cargando imaxes podes visitar as páxinas Template:ArtigosSolicitados, Template:ImaxesSolicitadas, Wikipedia:Lista de artigos que toda Wikipedia debera ter e Wikipedia:Lista de artigos que a Galipedia debera ter para comprobar cales son os máis precisados.
- Tamén podes axudar ampliando os esbozos para ter uns artigos máis completos.
- Agrega tiles, corrixe erros e, se sabes que a túa gramática é boa, corrixe a redacción dun artigo. Ten en conta que moitas das achegas son de colaboradores con teclados que non permiten introducir directamente tiles. Podes seleccionar artigos dende Cambios Recentes, partir dende a Portada ou ir a unha páxina aleatoria.
- Colle páxinas orfas e fai que teñan algunha páxina que se refira a elas, para mellor aproveitar o seu contido. De igual xeito, as páxinas que non levan a ningunha outra editada, e ponlles algún enlace a outro artigo que xa teña a enciclopedia.
- Bótalle unha ollada ós artigos relacionados co teu traballo, a túa cidade, país, universidade, etc. Se o artigo existe (o máis probable polo momento é que non sexa así), comproba se podes agregar información, ou se a información que xa contén é correcta. Pregámosche que teñas un punto de vista neutral e non escribas que "esta é a cidade mellor de tal país" ou "as súas mulleres son as máis bonitas", que non achegan nada e se din de todo o mundo polos naturais da zona.
- Cando leas unha data nunha biografía, artigo de historia, etc., comproba que estea redactada así: 21 de maio de 1999. Segue, entón, o enlace da data e verifica que o acontecemento (se é importante) se atope entre os aniversarios dese día. Se non está, corríxeo.
- Se cando uses a páxina aleatoria ou doutro xeito, chegas a un artigo que consideras que necesita unha revisión maior, pero non sabes qué facer, deixa unha nota na súa páxina de discusión (todo artigo ten unha). Iso trasladaráo a Cambios Recentes e pode que algún outro colaborador o mellore.
- Promociona esta enciclopedia entre as túas amizades, en sitios de novas que frecuentes, weblogs, etc., en calquera lugar que penses que poida haber xente interesada. Pero, por favor, non fagas cadeas (spam): é un método de difusión que deixa moito que desexar, ademais de afectarnos a todos.
- De se che ocorreren outros xeitos de colaborar, non dubides en engadilos a esta páxina :).