Wikipedia:Como borrar páxinas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nas operacións diarias das Wikipedias moitas páxinas novas se crean, algunhas das cales é preciso borrar.
Mentres calquera pode baleirar de contido unha páxina e esa páxina pode ser editada e re-escrita de novo -o seu historial continua accesible e pode ser recuperado-. Pola contra as páxinas eliminadas desaparecen e con elas o seu historial, polo que debense seguir certos pasos antes de borrar.
Índice |
[editar] Pasos a seguir para eliminar unha páxina
En primeiro lugar a proposta de eliminación debe adecuarse as políticas e normas da Galipedia sobre borrar.
Se se cumpre esa premisa, poden darse dous casos principais:
- Eliminación rápida: son aquelas que cumpren unha serie de requisitos que fan innecesario someter a votación o borrado da páxina.
- Pode marcarse unha páxina como eliminación rápida, engadindo na parte superior do artigo unha mensaxe predefinida que automaticamente clasifica ese enderezo na lista de páxinas a limpar.
- Os marcadores son dous {{Lixo}} e {{Lixoporque|motivo}}. A diferencia entre ambos é que o primeiro só engade unha mensaxe e o segundo tamén reseña os motivos da proposta.
- Votacións para borrar: neste caso a mensaxe predefinida é {{Vpb}} e as páxinas pasan un proceso de comentario e votación polos usuarios ata que se decide o que facer finalmente con elas, non necesariamente borrar. É necesario ademais de poñer o marcador seguir un proceso de rexistro manual na páxina de Votacións para borrar seguindo as instrucións alí expostas.
[editar] Inclusión: Mensaxes predefinidas
Exemplos de mensaxes predefinidas:
- Eliminación rápida {{Lixo}}:
- Eliminación rápida {{Lixoporque|motivo}}:
- Votacións para borrar {{Vpb}}:
Unha proposta para o borrado desta páxina fíxose na Galipedia.
Esta petición está sendo discutida para acadar un consenso sobre se este é, ou pode ser, un artigo apropiado para a Wikipedia. Por favor vexa a entrada desta páxina na lista de votacións para borrar para máis detalles. Se vostede pensa que non está xustificado polas políticas e normas da Wikipedia vote en contra da súa eliminación. Por favor non quite está mensaxe nin baleire de contido a páxina mentres a proposta está sendo considerada. En todo caso, é benvida toda mellora que poida realizar na edición deste artigo, en especial se consigue correxir os problemas que provocaron que estivera na lista de items a borrar.
Nota: Como pode apreciarse na parte inferior deste artigo, os modelos de marcadores calsifican a páxina nas categorías Limpar para a eliminación rápida, e Borrar para as votacións para borrar.
[editar] Exclusión desta lista
Se vostede se atopa con que unha páxina debe ser excluída desta lista, retírea. No caso de facelo, escriba no campo Resume baixo a caixa de edición os motivos polos que o fai. Se vostede é o autor da páxina por favor non retire a mensaxe.
[editar] Véxase tamén
- Wikipedia:Votacións para borrar
- Wikipedia:Eliminación rápida
- Wikipedia:Artigos con problemas
- Wikipedia:Mover ao Wikcionario
Categorías: Limpar | Borrar | COMOs