Comuñón Tradicionalista Carlista
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Comuñón Tradicionalista Carlista (CTC) é un partido político español de ideoloxía carlista e tradicionalista.
Acción Carlista é o seu boletín oficial, pero Ahora-Información que edita CTC-Cataluña é a súa principal publicación. As mocidades da CTC agrúpanse na Asociación Cruz de Borgoña.
María Cuervo-Arango Cienfuegos-Jovellanos é a presidenta da formación e Javier Zazu Lafuente o secretario xeral.
Índice |
[editar] Historia
Fundouse en 1986 tras a celebración dun congreso de reunificación carlista que celebraron diversas forzas carlistas que se mantiñan fóra do Partido Carlista por non asumiren o xiro cara a esquerda deste partido baixo o liderato de Carlos Hugo de Borbón-Parma
[editar] Eleccións
Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1994 a CTC recibiu 5.226 votos (0.03%), deles 473 (0.21%) en Navarra. Nas eleccións lexislativas de 2004 presentouse só ao Senado.
[editar] Galicia
CTC-Galicia edita o boletín Aturuxo Carlista. Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1994 conseguiu 309 votos (0.03%). No ano 2004 nas eleccións para o Senado o candidato da CTC que máis votos recibiu foi Ignacio Sánchez-Ocaña, o coordinador de CTC-Galicia, con 646 na provincia da Coruña