Castelanismos morfosintácticos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os castelanismos morfosintácticos no galego poden ser clasificados segundo a clase ou subclase de palabra á que afecten:
[editar] Castelanismos no substantivo
- no xénero:*a legume por o legume, *o análise por a análise.
- no número:*ies por is, *tabúes por tabús
[editar] Castelanismos no artigo
- emprego dos singulares *tódolo e *tódola.
- non utilización da forma plena coa preposición por, ou da crase con con: *por o camiño
- alteracións no uso: antropónimos, posesivos,...
- emprego da forma masculina cos substantivos femininos: *o auga
[editar] Castelanismos no pronome persoal
- non contracción de el/es, ela/s con de e en.
- emprego de eu no canto de min, sobre todo en función oblicua (é máis alto ca *eu, por é máis alto ca min)
- substitución sistemática de si polas formas analíticas e non reflexivas (para el, con el, canda el).
- uso do pronome *elo
- ausencia de connosco, convosco
- desaparición dos valores de el (el pleonástico, reforzo interrogativo,...)
- desuso de nosoutros, vosoutros,...
- emprego da forma reflexiva co verbo afogar cando é unha acción fortuíta: *afogouse a consecuencia dunha cambra.
- emprego da forma reflexiva do verbo marchar cando non indica unha longa ausencia: *marchouse pola mañá e volveu pola tarde.
- uso do pronome reflexivo con verbo que porta o.d.: *laveime as mans.
- uso pronominal de verbos que non o son: rin moito
- confusión te/che
- emprego de lle, lles no canto de o, os.
- aparición dun reflexivo de interese inexistente na nosa lingua: *non me creo o que contas, *non te merecías ese trato.
- uso de verbos de movemento como reflexivos cando non admiten a forma reflexiva: *caeuse da bicicleta, *subinme, *baixouse.
- casar, beber, comer, morrer, etc. non admiten nunca a forma reflexiva.
- ausencia do pronome de solidariedade.
- colocación falsa do pronome.
[editar] Castelanismos no demostrativo
- non utilización das contraccións do demostrativo. En especial co indefinido outro.
- non utilización sistemática dos usos e valores especiais do demostrativo.
- estos por estes,...
[editar] Castelanismos no posesivo
- ausencia de secuencias feitas tradicionais: con estas, nestas,...
- non utilización do artigo
- non emprego dos valores de daquela
- desaparición do posesivo distributivo.
[editar] Castelanismos no indefinido
- Emprego de *unhos, *calquer, *calqueira, *quenqueira, *ninguién, *alguién
- emprego de algún/s, algunha/s en oracións negativas (*non me causou problema algún)..
[editar] Castelanismos no relativo e interrogativo
- emprego de *cuyo ou *cuio no canto de cuxo
- emprego de *quenes (non ten plural)
[editar] Castelanismos no verbo
- substitución de paradigmas de tempos verbais polos do castelán: dea/*de, deas/*des,...; estea/*esté,...
- desaparición das alternancias do radical do tipo durmo, dormes, dorme..., sirvo, serves, serve.
- desaparición das alternancias do radical do tipo bebo, bEbes, bEbe... e como, cOmes, cOme...
- variacións na vogal temática: bater, combater, debater, concorrer, discorrer, ocorrer, percorrer, recorrer, transcorrer, render, rexer, converter, xemer,...
- castelanismos no presente e no perfecto dos verbos en -ecer e -ucir: *conduxen, *obedezca.
- castelanismo no presente dos verbos en -aer, -oer, -aír, -oír, -uír: *traigo, *intuio,...
- alteración da p4 do perfecto dos verbos da segunda: comemos / *comimos
- castelanismos nos temas de perfecto dos verbos irregulares
- castelanismo nos verbos en -er (<eer), e -ir (<iir): *lees, *ríes.
- alteracións na conxugación irregular: *cupo, *estuvo, *valdrei, *vades, *valga,...
- forma composta de antepresente na perífrase ter + participio
- uso da perífrase haber + participio, especialmente en pluscuamperfecto.
- utilización da perífrase houbese + participio máis alá das súas posibilidades.
- reducción do riquísimo sistema do galego de perífrases verbais
- uso da preposición a en construcións perifrásticas do tipo ir + infinitivo.
- desuso do infinitivo conxugado, mesmo en casos en que é obrigatorio.
- alteracións da natureza funcional do verbo:
- Recorrer é intransitivo e emprégase coa preposición contra: *recorreu a sentencia.
- Uso reflexivo dos verbos rabuñar, calzar, cravar, lavar, afeitar,... cando van acompañados de o.d.: *fíxenme un pantalón na costureira.
- Determinados verbos son empregados como transitivos cando, nun correcto galego, deberían empregarse como intransitivos: *cesaron o director, *foron cesados
- Informar é intransitivo cando significa ‘emitir un informe’ e está acompañado da preposición sobre: *informaron negativamente a petición. O mesmo acontece con dictaminar.
- Algúns verbos só son reflexivos nalgunha das súas acepcións (cerrar, coidar, correr, curar, endurecer, romper, saber,...: *a tenda cerrouse por falta de clientes.
- Uso reflexivo de verbos que non o son en ningún caso: *morreuse o seu home.
[editar] Castelanismos no adverbio
- reducción do número de adverbios. Utilización exclusiva dos que existen en español.
- emprego de *mentras, *ahora.
[editar] Castelanismos na preposición
- segundo termo da comparación, con nomes de parentesco, e con nomes propios de persoa: *vin teu irmán no cine, *matou ó gato.
- igualación de ata e deica, de sobre de e encol de,
- reducción do sistema de preposicións. Empréganse exclusivamente as que se asemellan ó español ou teñen traducción directa e non outras como canda, onda, perante, malia,...
- aparición da preposición a na perífrase a + infinitivo
- aparición da preposición a indebidamente co o.d. en liñas xerais debe empregarse cando o o.d. é un pronome persoal tónico, o
- emprego de *hasta, *hastra, *sin, *según,...
[editar] Castelanismos nos nexos
- uso da realización i da conxunción e ante consoante, o ou u: *i despois.
- uso erróneo de como e coma e de ca, que: é tan alto *como ti. Gasta máis *ca gaña.
[editar] Castelanismos na interxección
- substitución das interxeccións polas castelás
[editar] Véxase tamén
- Castelanismos fonéticos.
- Castelanismos ortográficos.
- Castelanismos morfosintácticos.
- Castelanismos léxicos.
- Castelanismos semánticos.
- Hipergaleguismo.
- Lusismo.
- Arcaísmo.
- Vulgarismo.
- Dialectalismo.