Casa do Carballo de Galdo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A casa do Carballo de Galdo, situada na estrada que vai dende Viveiro hacia Lugo, está na parroquia de Galdo (concello de Viveiro). Xunto coa súa finca, foi un dos moitisimos bens incautados polos Reis Católicos cando axustizaron ao Mariscal Pardo de Cela, e o único que despois, xunto co Coto de Cajorro, lle devolveron á filla de Pero Pardo, Beatriz, pois xa morrera a nai, Isabel de Castro, que fora quen os reclamara. Así o di a Relazón da Carta Executoria:
a primeira facenda que lle deron posesion, foy o lugar do Carvallo do Galdo, en vouz, é nome de toudos mays bes.
Sabemos que desta finca podían sacarse nun ano dez toneis de vino. Adquiríraa o Mariscal e a súa muller na década de 1450 e foi unha das residencias preferidas polo Mariscal.
Foi proposta ao Concello de Viveiro para a Ruta de Pardo de Cela.