Caen
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Caen é unha comuna do departamento de Calvados, Normandía, Francia. É a capital da rexión da Baixa Normandía. A cidade ten unha poboación de 115.000 habitantes e a área metropolitana de 200.000. Coñecida polos edificios históricos da época de Guillerme o conquistador, soterrado aquí; a batalla de Caen tras o desembarco de Normandía destruiu boa parte da cidade.