Brno
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Brno é a segunda cidade en importancia da República Checa, cunha poboación de 388.000 habitantes aproximadamente. Está situada no sueste da república, a 40 km de Austria e 60 km de Eslovaquia, na rexión de Moravia, na unión dos ríos Svitava y Svratka.
Aínda que os asentamentos na conca de Brno remontan ós tempos prehistóricos, a data oficial de fundación é 1243, cando o rei de Bohemia outorga privilexios a esta aldea, permitindo o seu desenvolvemento. Na segunda metade do século XIII chegan alemáns, flamencos e valóns, e despois xudeus.
A inicios do século XVI integrase ao imperio austríaco. A mediados deste século inclínase pola reforma (protestantismo). Para contrarrestar instálanse na cidade varias ordes relixiosas, entre elas os Xesuítas e os Capuchinos.
Como praza forte, Brno destacou con éxito na súa resistencia contra os suecos en 1643 y 1645, e contra os prusianos en 1742.
No século XVIII Brno alberga industria téxtil e de enxeñaría. Chega o primeiro tren en 1839. Ós poucos perde as súas fortificacións e en 1850 deciden formar parte da cidade 32 municipios limítrofes. Convértese nun dos principais centros industriais de Austria cara o final do século XIX.
O problema dos nacionalismos alemáns e checos agudízase a inicios do século XX. A maioría alemana no concello finaliza en 1919. Ao disolverse o imperio austro-húngaro, como consecuencia da Primeira Guerra Mundial, Brno queda en Checoslovaquia.
A anexión de parte de Checoslovaquia por Alemaña e as accións da Segunda Guerra Mundial provocan a expulsión dos habitantes alemáns da cidade en 1945.
En 1992, cando se divide o estado, Brno permanece na República Checa.
Aínda conserva Brno factorías do comezo da revolución industrial, o que lle val o sobrenome de Manchester checo. Outro interese turístico é a Villa Tugendhat, obra de Ludwig Mies van der Rohe, mostra sobranceira de arquitectura contemporánea, construída nos anos 1920 por encargo da familia dun importante empresario da vila, e declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2002.
[editar] Ligazóns externas
- Sitio oficial (alemán, inglés e checo)