Bermudo I de Asturias
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bermudo I (tamén escrito Vermudo ou Veremund) foi rei de Asturias de 788 a 791. Suponse que o seu alcuño, o Diácono, sexa debido ao seu pasado de diácono anterior á coroación.
Durante o seu reinado sofre as razzias musulmás en Álava e Galiza. Após unha dura derrota no Bierzo, abdicou do trono, regresando ao seu antigo estado clerical.
Está considerado polos historiadores como un rei xeneroso, magnánimo e ilustrado, para a época.