Bermudo III
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bermudo III ou Bermudo III de León foi rei de León e de Galiza do 1027 ao 1037.
Fillo do rei Afonso V o Nobre. Casou con Ximena, filla de Sancho García de Castela, e irmá da esposa de Sancho III O Maior de Navarra.
Busca a alianza con Castela, cuxo novo conde García Sánchez estipula o seu matrimonio coa irmá do rei, Dona Sancha. Ao ser asasinado o conde castelán nas vésperas da voda pola familia rival (a familia Vela), herda o condado de Castela o rei navarro Sancho III O Maior que o cede ó seu fillo Fernando quen remata por casar con Dona Sancha. Fernando I O Magno convértese así no primeiro rei de Castela. O novo reino de Castela terá problemas con León por cuestións territoriais. Bermudo III é vencido na batalla de Támara, co que os reinos de León e de Galiza pasan tamén a Fernando I (1037).