Batalla de Rande
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fai mais de trescentos anos a Flota de Indias chegaba a ría de Vigo cun dos maiores tesouros de toda a historia. Antes desto a flota anglo-holandesa pretendeu atacala durante a súa ruta. A Flota de Indias que partira de A Habana dirixiase a Cádiz, pero o recibir a noticia de que estaba a ser atacada desvíase cara a Vigo.
Mentres os ingleses dirixidos por George Rooke atacan sen éxito Cádiz a flota española comeza a desembarcar o seu cargamento en Baiona (2 de outubro de 1702).
O 17 de outubro o Capitán Hardy a bordo do Pembroke que coñece a localización da flota franco-española a través da información recollida polo seu Capelán, informa a Rooke que navegaba pola costa portuguesa de retirada tralo fracaso en Cádiz.
O 18 de outubro convócase un consello de guerra no buque insginia Royal Sovering no que se decide dirixir a escuadra cara a ría.
O 21 de outubro, o Marqués de Châteaurenault, que tiña ao seu cargo a custodia da flota española, decide refuxarse no fondo da ría, dispoñendo as súas naves paa a defensa dos galeóns españois.
O 22 de outubro a escuadra anglo-holandesa entra na ria e fondea pola tarde baixo o incesante bombardeo do Forte de Vigo.
O día seguinte, o 23 de outubro, o Duque de Ormond desembarca en Teis con 2.000 homes, e Churchill o fai o mesmo en Domaio co obxectivo de atacar e paralizar o bombardeo dos fortes de Corbeiro e Rande. Silenciados os canóns comeza o ataque por mar. Hopson encárgase de abordala barreira flotante disposta no estreito. O Marqués de Châteaurenault resiste o máximo e cando está todo perdido ordea incendiar os seus propios barcos para evitar que caian nas máns do inimigo. Namentres o Príncipe de Barbanzón, Gaspar Antonio de Zúñiga, Capitán Xeral de Galicia ordea poñer a salvo o pouco que quedaba por descargar do quinto real, transportándose ata Lugo e dende alí a Segovia.