Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions Baleira - Wikipedia

Baleira

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Baleira
Situación
Xentilicio 1: Baleirense (non oficial)
Xeografía
Provincia: Lugo
Comarca: Fonsagrada
Área: 168'2 km²
Entidades de poboación: 124
Capital do concello: O Cadavo
Latitude e lonxitude: 43º 00' 06 Norte
07º 14' 21 Oeste
Altitude máxima: Penas de Pasadama (1.049) m.
Altitude mínima: - m.
Zona horaria: 2 UTC + 1
Demografía (2004)
Poboación: 1.778 hab.
Densidade: 9'5 hab./km²
Uso do galego 3 (2001)
Galegofalantes sobre o total da poboación: %
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos
Sempre: %
Ás veces: %
Nunca: %
Política (2003)
Concelleiros 4: PPdeG 7 (979 votos - 70'33 - %)
BNG 0 (112 votos - 8'05 - %)
PSdeG-PSOE 2 (297 votos - 21'34 - %)
Outros: - (- %)
Alcalde: Francisco Acal Eirós (PP)
Eleccións municipais en: 'Baleira'
Censo electoral (2003)
Total electores: 2.150 - 100 %
Votantes: 1.398 - 65'33 %
Abstencións: 742 - 34'67 %
Votos en branco: 4 - 0'29 %
Votos nulos: 6 - 0'43 %
Orzamentos 5 (2000)
Total ingresos:
Tributos propios por habitante:
Transferencias por habitante:
Consumo público por habitante:
Gasto de capital por habitante:
Enderezos
Enderezo físico: Avenida Doutor Escobar s/n. (no defecto: Rosalía de Castro, s/n.)
Teléfono: 982 354059
Fax: 982 354039
Código Postal: 27130
Correo electrónico: -
Sitio web oficial: http://www.concellobaleira.com/

Notas: 1 Véxase no Galizionario.

2 No verán: UTC + 2.
3 Datos de 2001 publicados en 2004.
4 Eleccións Municipais Maio 2003.
5 Datos de 2000, daquela non existía o Euro, convertíronse as pesetas a Euros.

Concello da Provincia de Lugo en Galicia. Pertence á Comarca da Fonsagrada.

Poboación en 2004: 1.778 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes.

Índice

[editar] Xeografía

Na xeografía a comarca da Fonsagrada encrávase nas Serras Orientais galegas, integrada por un releve moi accidentado e montañoso. A sucesión de montañas que conforma toda a comarca serve de fronteira natural entre Asturias e a meseta lucense. Limita coas Serras de Cuias e de Uría no leste, no oeste coas do Miradoiro, Vaqueiriza e Puñago, e polo sur coas de Foncuberta e Llouxas. Estas serras, xunto coas de Lastra, Follabal e Invernal, situadas na parte central da comarca, conforman as cabeceiras dos principais colectores hidrográficos: Neira, Eo e Navia. As elevacions máis importantes encóntranse na Serra do Pozo, con altitudes máximas en Alto do Padornelo (958 m.), Penas de Pasadama (1.049 m.) e o Monte Panda (833 m.). Na Serra da Lastra a altitude media é de 736 m., destacando os montes de Candón (923 m.), O Chao (790 m.), Candán (849 M.) e Cordeira (858 m.).

Ríos: Río Navia, río Eo, río Neira, río Córneas, río Muiños, río Fonte das Veigas, río Trabeiro, río Candal, río Castiñeira, río Veiga, río Leñeiro, Os Mosquitos, Rego de Martín, río Pousada, río Vilares, río Cabana.


Clima: Toda a comarca por ser unha zona interior de montaña, de elevadas altitudes e, relativamente afastada do mar, o que non permite unha gran influxo oceánico, determina un clima de montaña, de temperaturas extremas, con invernos fríos e veráns cortos e moderados. Tamén hai, numerosos factores locais que posibilitan a existencia de microclimas máis benignos, sobre todo nas zonas de escasa altitude ou nos pequenos vales ben orientados. Os microclimas ocasionan gran diversidade de biotopos que incrementan o valor ecolóxico da zona. A precipitacións aproxímanse aos 1.754 mm. (dentro dun ano o promedio de días de choiva e de 120/130 días). As temperaturas oscilan entre 8º e 10º; chegando a incluso os 14º.

Flora: Hai variedade de interese excepcional, tanto polos endemismos coma polas comunidades vexetais existentes. Nas diferentes altitudes distribuense carballos, meloxos, bidueiros, teixos, faias, abrairas, abruñeiros e xardóns... que posibilitan a supervivencia invernal das especies animais, as que ofrecen alimento e refuxio. O matorral, formado polas uces, xenistas, carqueixas citisos e carpazas, ocupa unha ampla superficie das serras, protexendo o chan das ladeiras e cumios da erosión. Na parte setentrional do municipio encóntrase o Bosque da Marronda, espazo natural protexido pola súa riqueza forestal e ecolóxica.

Situacion xeográfica da capital:

43º 00' 06 Norte

07º 14' 21 Oeste

Superficie: 168'2 Km2.

Montes:

  • Monte Panda (833 m.),
  • Lagúa (942 m.),
  • Alto do Padornelo (958 m.),
  • Penas de Pasadama (1.049 m.),
  • Bieira (1.001 m.),
  • Monte do Candón (923 m.),
  • A Matanza (815 m.),
  • O Ramallo (913 m.),
  • Cordeira (858 m.),
  • Candán (849m.),
  • O Chao (790 m.),
  • Mermella (904 m.),
  • O Pradoiro (1.029 m.),
  • Pena Corista (1.000 m.),
  • Pozo da Lagoa (1.000 m.),
  • Penas de Outeiro (823 m.),
  • Montes Zarra e Teixeiro ambos con 758 m. de altitude.

[editar] Historia

Arredor do ano 813, reinando Afonso II o Casto, librouse unha batalla cos mouros nas proximidades de Esperela, o lugar hoxe coñécese coma o "Campo da Matanza"; donde din a lenda, que onde chegou o sangue costa abaixo, alí edificouse unha igrexa. Neste último lugar descubríronse a principias do século varias sepulturas que contiñan restos humanos e trozos de armaduras e esporas. Recordando este feito existía na fachada do concello un escudo que representaba a un soldado cristián atacando uns arabes. En 1809 arrasaron o municipio os exércitos napoleónicos que perseguían, mandados por Soult, o xeneral inglés Sir John Moore. Incendiaron A Fontaneira, pero os veciños de Baleira, dirixidos por Don Xosé María Páramo e Montenegro xunto cos veciños de Neira de Xusá e Castroverde, fixeronlles fronte o exército francés sen cuartel perseguidos polos térmos do municipio e seguindo unha líña paralela con algunhas paboacions como Puñago, Pradeda e o Cádavo, pola cima da Serra de A Vaqueriza, deixando trazada unha pequena corredoira no camiño que, tempo despois coñeceriase como "camiño francés" e que, coincide co de peregrinación a Santiago dende A Fonsagrada (outro nome que tamen se lle da e o de Camiño Primitivo). O antigo Rexime, e como non, durante a Idade Media, as parroquias repartianse estre as xurisdiccions de Baleira, Castroverde, Neira de Rei e Pena Maior, sen contar o couto de Córneas. Xa no ano 1813 formouse o concello de Baleira tal e como o coñecemos na actualidade. Vestixios arqueolóxicos: Castro de Degolada, Castro de Esperela, Castro de Albarelo, Castro de Vilar dos Adrios ou Quintá, Castro de Cubilledo, Castro de Antiguallas.

[editar] Sociedade e economía

Podese dicir que este municipio mantivo a súa poboacion cunhos minimos na taxa relativamente estables dende o ano 1860 ate o 1950; xa no 1960 comezou a declina-la poboación e pódese decir que se acentuou de cara os últimos tempos (ver cadro), eiqui é cando se nota mais que Baleira, sufriu un despoboamento e un xeralizado proceso de envellemento poboacional dende fai anos. É unha das zonas da provincia que mais emigración tivo, presentando hoxo día unha densidade de poboación moi baixa (9'5 hab/Km2). A adversidade climática, unha estrutura da terra moi fragmentado, a faia de axudas, a aspiración a mellora-lo nivel de vida adverso, foron as causas principais que motivaron o desprazamento rural. Na actualidade, a poboación calculase o redor de 1.778 habitantes repartidos en doce parroquias e cento dezasete núcleos de poboación. Na economía, a Baleira posue unha economía de caracter rural, baseada no sector primario, donde a principal actividade é a gandeira e a forestal. No que se refire a agricultura, podese falar dunha economía de autoconsumo, con poco espazo cultivado e na sua maior parte dedicado a horta, patacas ou millo para o gando, coa excepción de alguns viñedos que cultivanse aproveitando os microclimas máis quentes da rexión. Nos vals do Eo e do Neira, as explotacions están adicadas na sua maior parte a produción de carne. Isto fai que abunden os praos e pastizais. O sector gandeiro é a base económica do municipio, ocupando o 73'9% da poboación activa. Caracterizase por un claro predominio das explotacions de gando bovino. Sobre todo das razas rubia galega e asturiana dos vals, de aptitude cárnica, aproximadamente o 5'8% son explotacions de produción láctea. No que se refire a estrutura das mesmas son de pequeno tamaño, entre 8 e 10 cabezas. O gando porcino e ovino completan a explotación gandeira, que case sempre esta o servizo do autoconsumo. Dentro da explotación madereira hai que destacar o importante valor do sub-sector (é escaso, destacar a existencia de fábricas transformadoras da madeira, ferro e aluminio; hai documentadas a existencia de algunhas minas de ferro, zinc e de ouro localizada en Mendreiras, parroquia de Martín). O sector secundario é prácticamente nulo, sendo o seu principal expoñente a construción que apenas está representada. O sector terciario experimentou nos derradeiros 20 anos un importante desenrolo, que se reflexa no aumento de servizos administrativos, fiñanceiros e comerciais, todos eles concentrados na capitalidade municipal. A posta en marcha da Fundación para o Desenrolo da Comarca, dentro do Plan de Desenrolo Comarcal de Galicia, está supoñendo un apoio eficaz para a revalorización dos recursos naturais destas zonas de montaña.


Evolución da poboación de: Baleira - desde 1860 ata 2004 -
 1860  1900  1930  1940  1950  1960  1981  1991  1995  2001  2002  2003  2004
  5.423.   4.768.   4.667.   5.401.   4.703.   4.202.   2.610.   2.024.   2.130.   1.888.   1.845.   1.800.   1.778.
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1860 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

[editar] Arquitectura

Mapa situacion parroquias de baleira
Agrandado
Mapa situacion parroquias de baleira

En todo o térmo municipal sucedense as mostras de vestixios pertencentes a Cultura Castrexa: castros de Antiguallas, Vilar dos Adrios o Quintá, entre outros. Do mesmo modo debese mencionar a necrópole prehistórica da Matanza. Polo que refire as mostras do arte sacro, destacaremos: a igrexa de San Miguel da Braña, do seculo XI, San Pedro da Esperela refeita sobre restos románicos no seculo XVIII. Da primitiva fábrica conservase o presbiterio e un arco de medio punto. No interior destacan dous retablos barrocos e dous cálices de prata cincelada, datados no seculo XVIII. Da sua estrutura externa sobresae a torre de sillería de granito; Santiago de Córneas, construida no seculo XVIII e con retablo barroco de dous corpos e tres rúas no seu interior; Santa Maria Madalena de Reizós, de finais do seculo XVII ou principias do seculo XVIII. No seu interior destacan: un retablo maior barroco e varias esculturas, algunha das cales están datadas no seculo XVIII. O patrimonio relixioso compretase con varias capelas como son: as capelas de Castro, Vilarín, Cabreira, Castelo e Santa Bárbara. Ademáis, dentro do patrimonio civil destacan a casa-pazo de Albaredo, en Córneas, e a casa de Luaces en Vilarelle. E como derradeiro, debemos referirnos a arquitectura popular con numerosas mostras de pallozas, cabozos e trobos espallados por todo o municipio como os hórreos de Córneas, Martín e Vilar de Adrios. Igrexas: San Miguel de A Braña (s. XI), Santiago de Córneas (s. XVIII), Sta. Mª Madalena de Córneas (s. XVII), Santiago de Cubilledo (s. XVIII), Fontaneira (s. XVIII), Esperela (s. XVIII), Sta. Mª de Retizós (s. XVII-XVIII). Capelas: Castro, Cabreira, Castelo, A Muiña, Sta. Bárbara, Vilaoriz e Vilarín. Casas-pazos: Albaredo (Córneas) e Casa de Luaces (Vilaselle).

[editar] Feiras, festas e tradicións

Feiras:

  • Feira do Cádavo (o día 12 de cada mes).

A través do Plan Leader de desenrolo rural da Unión Europea, estase habilitando unha ruta turística na fraga de A Marronda, un dos bosques de faias máis importantes de Europa, se contar un bo numera de outras especies. A ruta iniciase no O Cádavo e vai ate Sampaio, pasando por Fonteo donde localizase o nacemento do río Eo. O percorrido visita varios lugares: Cortevella, Martín e Mendreiras e podese facer cun recorrido medio de 18 Km a 25 Km segundo conveña. Ademáis, como ruta cultural-turística, pasa por este concello o Camiño de Santiago (coñecido coma: Ruta do Camiño Primitivo), o máis utilizado polos peregrinos durante a Alta Idade Media. Merece a pena tamén deterse nas numerosas mostras de arquitectura rural da zona: cabozos e pallozas. Na gastronomia, o cocho e os seus derivados, a mel, a caza e a pesca están representados nos pratos típicos do lugar, sempre acompañados de salsas a base de balocas e cogumelos, recolectados nos espazos naturais de gran riqueza forestal e ecolóxica.

Festas e Romarías:

  • Festa de Santo Cristovo en O Cádavo (o 12 de agosto);
  • Festa de San Lourenzo en Pousada (o 10 de agosto);
  • Festa de San Ramón en Córneas-Gasalla (o 31 de agosto);
  • Festa de Santiago en Martín e A Fontaneira (Romaría de San Bernabeu) o 25 de xullo.
  • Festa de San Bernabé da Xesteira (parroquia de Martín) 12 xuño.
  • Festa de San Xoan na Lastra (o 24 de xuño).
  • Festa de Santa Mariña de Librán (17 de xullo).
  • Festa de Santa Mariña de Fonteo (15 de agosto).
  • Festa de San Miguel en A Braña (29 de setembro).

No apartado etnografico, durante as longas noites de inverno, en torno a lareira creabase o ambiente propicio para transmiti-lo rico patrimonio que a literatura popular da zona posee. Os veciños reuníanse o cae-lo seran para contar historias de casa en casa ou ir de "polavila", como se coñece a esta tradición que transmite vervalmente a cultura ancestral destas terras. Si alguen foi querido polos lugareños e recordado dende a sua morte foi o "Cego dos Vilares", máis tarde coñecido coma o cego da Fontaneira (e para os mais intimos con nome de Florencio da Fontaneira), que marchaba polos pobos donde o requerían cantando romances e lexendarias historias. Tampouco era de estimar unha parella que aparecia a veces nas festas cunha meniña que era a encargada de conta-los contos o son da musica que tocaban os maiores; case sempre eran coñecido polo nome da "Ramboia", pois era con isa cantinela ca que case sempre empezaban.


[editar] Lugares de Baleira

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baleira vexa: Lugares de Baleira.


[editar] Parroquias de Baleira

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Baleira

A Braña (San Miguel) | Córneas (Santiago) | Cubilledo (Santiago) | A Degolada (San Lourenzo) | A Esperela (San Pedro) | A Fontaneira (Santiago) | Fonteo (Santa María) | A Lastra (San Xoán) | Librán (Santa Mariña) | Martín (Santiago) | Pousada (San Lourenzo) | Retizós (Santa María Madanela)


[editar] Véxase tamén

  Referencias relacionadas con Galicia

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu