Asociación Internacional de Traballadores
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Asociación Internacional de Traballadores, tamén chamada a I Internacional, foi a primeira organización internacional dos traballadores. Fundada en Londres en 1864, agrupou inicialmente ós sindicalistas ingleses, anarquistas, socialistas franceses e italianos republicanos. Os seus fins eran a organización política do proletariado en Europa e o resto do mundo, así coma un foro para examinar problemas en común e propoñer líñas de acción. Colaboraron nela Karl Marx e Friedrich Engels. Grandes tensións que existiron entre Marx e Mikhail Bakunin levaron á escisión entre marxistas e anarquistas, tralo cal os partidarios de Bakunin foron expulsados.
En 1872 a organización trasládouse a EE.UU., disolvéndose oficialmente en 1876. En 1889 estableceuse a Segunda Internacional como a sucesora nos seus fins políticos.
[editar] AIT (anarcosindicalista)
Entre o 25 de decembro 1922 e o 2 de enero de 1923 diversos grupos anarcosindicalistas refundan en Berlín a AIT. Da cal trazan os seus orixes á I Internacional (1864-1876), e de suposta continuidade. O seu Secretariado atópase actualmente (decembro de 2004) en Oslo. Prevese que siga en Oslo ata decembro de 2006.