Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de discusión
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Forma parte da etiqueta da Wikipedia asinar os seus comentarios nas páxinas de discusión. Isto é un aspecto esencial para a comunicación aquí. E axuda a outros usuarios a comprender o progreso e evolución do diálogo.
Porque isto é necesario os creadores da Wikipedia idearon un sistema sinxelo para asinar as mensaxes. Para asinar automaticamente os seus comentarios coa data e a sinatura, engada catro tiles (~~~~) no final da mensaxe, ou tres (~~~) para engadir só o nome de usuario. (En xeral prefírese que se use o formato completo de catro tiles).
Aquí hai unha lista de opcións de sinatura:
O que vostede teclea | O que o sistema almacena | O que a páxina amosa |
~~~ |
[[:en:User:Kingturtle|Kingturtle]] |
Kingturtle |
~~~~ |
[[:en:User:Kingturtle|Kingturtle]] 04:40, 10 Mar 2004 (UTC) |
Kingturtle 04:40, 10 Mar 2004 (UTC) |
~~~~~ |
04:40, 10 Mar 2004 (UTC) |
04:40, 10 Mar 2004 (UTC) |
Se vostede escolle contribuir á Wikipedia sen rexistrarse, as tiles convértense no seu enderezo IP para amosarse na sinatura. (Estar rexistrado resulta máis anónimo, teñao en conta se vostede está preocupado por cuestións relacionadas coa privacidade, de todos os xeitos o enderezo IP queda rexistrado no historial da páxina).
[editar] Preferencias da sinatura
Os usuarios rexistrados poden acceder ás preferencias e cambiar o campo O teu alcume (para sinaturas) para personalizar a sinatura.