Arzón, Negreira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Cristovo de Arzón é unha parroquia que se localiza no sueste do concello de Negreira. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 104 habitantes (52 mulleres e 52 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación (Romarís, Porqueira e A Devesa), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando contaba con 115 habitantes. Na actualidade (2006) conta con menos habitantes aínda que non se sabe exactamente, xa que hai moita xente que só vai as fins de semana os nas vacacións de verán, coma na maioría das aldeas galegas.
A aldea de Porqueira está a 12 quilómetros de Negreira e conta con 12 casas habitadas, entre elas as casas de Lens, de Plata, do Pallagheiro, de Pancho, da carretera, do Ardeiro, do Lles", de riba da corredoira, da Santa, Manuela de Serafín, etc.
A aldea de Romarís está un quilómetro máis o sur, e entre outras ten as seguientes casas: a de Amadora ou de cartucho, a da Pinta, a de Lourido, a de Gorgal, a de Villar, a de Santiagho, a de Pura, a de Divina ou de Antonio, a de Delfina ou de Manuel da Pontella, a de Laura, a de Sieira,a de Lucita,a de Ferreira,a de asunción ou do baloquiro, etc.
A aldea d'A Devesa está na beira do río Corzán e só viven nela 8 persoas en tres casas, entre elas a de tecelá.
A súa festa máis importante e Nosa Señora da Paz, que se celebra o 28 de agosto. Tamén se celebra A Virxe do Carme o 29 de agosto.
Outras festas que se celebran, aínda que con menos importancia son: San Xosé, 19 de marzo; San Antonio, 30 de maio; San Cristovo, 10 de xullo, o Santísimo Sacramento, no primeiro domingo de setembro, e O San Miguel, o 29 de setembro.
Hai que destacar que a aldea da Devesa conta cun fermoso paseo á beira do río Corzán, de máis de 2 quilómetros, que vai a desembocar no río Tambre, ao lado dunha presa construída recentemente.
Tamén nesta parroquia está A casa de Amadora, unha taberna enxebre que é famosa polas súas tortillas. Está rexentada polo propia Amadora e o seu fillo Nolito.
Antigamente os veciños desta localidade vivían a base da agricultura e a gandería, pero na actualidade son escasas as persoas que só viven desta actividade. A maioría dos habitantes traballan en localidades cercanas e só regresan a esta aldea para durmir e pasar os días de descanso. Pola semana só nos encontramos con persoas maiores e con mulleres.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Negreira | |
---|---|
Alvite (San Tomé) | Aro (San Vicenzo) | Arzón (San Cristovo) | Broño (San Martiño) | Bugallido (San Pedro) | Campelo (San Fins) | Campolongo (Santa Cruz) | Covas (Santa María) | Gonte (San Pedro) | Landeira (Santo Estevo) | Liñaio (San Martiño) | Logrosa (Santa Baia) | Lueiro (Santa Baia) | Negreira | A Pena (San Mamede) | Portor (Santa María) | Xallas (San Pedro) | Zas (San Mamede) |