Wikipedia:Artigo para a difusión da wikipedia en galego
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Adxunto vai un artigo que saiu o 08/01/04 no xornal "A Mariña - El Progreso":
[editar] Catrocentas entradas
Os reis trouxeron un pequeño agasallo ó galego. A enciclopedia galega en internet, “wikipedia en galego” sobrepasou nestas datas os 400 termos referenciados. É moi pouca cousa se se compara, á mesma data, cos máis de cen mil da correspondente enciclopedia inglesa, ou os preto de vinte mil da “enciclopedia libre en español”, pero é un comezo prometedor para unha obra que non chega ó ano (o primeiro termo que se puxo foi o 12 de marzo do 2003) e na que pode participar calquera persoa na súa construción, así como beneficiarse dela.
Como pon na súa páxina principal en internet (http://gl.wikipedia.org), o seu obxectivo é a plena transmisón da sabiduría e o coñecemento sen restriccións editoriais nen comerciais, dun xeito ceibe, gratuito, accesible e colaborativo (1).
¿Como funciona? Supoñamos que alguén quere buscar o termo “óptica”. Conéctase coa páxina principal, gl.wikipedia.org, e logo pode facerse unha procura directa escribindo o termo nunha fiestra ó efecto na parte superior e pulsando buscar ou ben de xeito indirecto, escollendo no texto escrito que aparece “física” e logo, unha vez alí, “óptica”. Por outra parte, este termo está relacionado con diferentes outros ós que se pode acceder dende a páxina baixo o epígrafe “óptica”, termos como “luz” ou “materia”, e que poden ser usados para ampliar coñecementos.
Hai outra parte de funcionamento: a que usan as persoas que queren colaborar, incluíndo novos termos, corrixindo ou ampliando o texto correspondente a termos que xa existen. Por exemplo, aínda non hai ningunha rfeferencia a “zoqueiro”. Pois ben, os pasos a seguir poden ser os seguintes: na páxina principal púlsase “editar esta páxina” e inclúese un apartado con tradicións e alí a verba “zoqueiro” entre corchetes: zoqueiro. Así, premendo “gravar”, aparécenos a mesma páxina principal que antes, pero agora co termo “zoqueiro” resaltado. Se o prememos, sáenos unha mensaxe que nos di que ese termo non existe, e un espazo para que escribamos nel o que consideremos oportuno. Unha vez gravada esta nova páxina, calquera persona que acceda a internet no mundo pode ler o que nós escribimos e polo tanto, saber o que é un zoqueiro. De feito, e por se alguén tivera dificultade, na páxina principal (gl.wikipedia.org) hai un apartado que nos leva á páxina “Como editar a Wikipedia” que nos explica esto con máis detalle.
Para os usuarios que non busquen facer unha colaboración, a páxina principal inclúe enlaces a outras enciclopedias con máis termos en outras linguas, para facilitar a súa traducción, que se pode facer de xeito libre, pois todos os termos que se facilitan neste tipo de enciclopedias teñen o dereito de copia libre (con restriccións, para permitir por exemplo acceso tamén libre a dita copia) segundo os termos que aparecen en http://www.gnu.org/copyleft/fdl.html (aínda sen traducir ó galego, que eu saiba) (2).
E, queras colaborar ou non, podes editar un espazo particular para ti, onde intercambiar pareceres, pedir se se poden traducir termos e manifestarte en xeral como usuario. Máis do que permite unha enciclopedia das ata agora consideradas normais.
Catrocentos termos son moi poucos. Pero crece a unha taxa superior en calquera caso ó 10% mensual, e pode que en ti teña un novo coloborador que aumente dito crecemento.
Antonio Gregorio Montes
(1)Un detalle: a enciclopedia “autocorríxese”. É dicir, os colaboradores van testando o posto con anterioridade e corrixindo, velando para que sexa usada para o fin que se pretende. E existen administradores que participan cunha orientación máis particular.
(2)Estase a traducir a apariencia da páxina, que aínda presenta cousas accesorias en inglés, o que será rematado cara a fin de xaneiro e eliminará un efecto curioso de ter unha aparente mezcla lingüística nun documento, aínda que para o seu uso normal non sexa necesaria aquela lingua.