Wikipedia:Artigo Destacado/decembro 2006
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Fórmula 1, referida ás veces na escrita como F1, é un deporte automobilístico en que compiten pilotos profesionais en monoprazas open-wheel pertencentes a diferentes escuderías en distintos circuítos preparados especialmente co obxectivo de chegar primeiro á liña de meta. O "fórmula" do nome refírese a unha serie de normas e regulacións que tódalas escuderías deben cumprir, mentres que o "1" é porque é a categoría máis alta das competicións de monoprazas, feito que vén respaldado por tratarse do deporte máis caro do mundo e por utilizárense os coches máis rápidos (a miúdo corren a máis de 300 km/h) e potentes (poden acadar cerca de 20000 revolucións por minuto).