Artes, Carballo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Xurxo de Artes é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carballo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 685 habitantes (343 homes e 342 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 686 habitantes.