Anfitrite
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Anfitrite, na mitoloxía grega, era unha nereida, esposa de Poseidón e nai de Tritón. Filla de Nereo e Dóride.
O deus do mar pretendía á súa irmá, Teti, pero un oráculo, anuncia que un futuro fillo de Teti e Poseidón, en conxunción cun outro deus destronaría ao pai, polo que Poseidón escolle a Anfitrite como dona, outras fontes afirman que Poseidón namorouse dela despois de a ver bailar. Pero Anfitrite quería permanecer virxe e foxe del, Poseidón envialle ao seu golfiño para a convencer, agradecido transpórtao ao ceo coa súa propia constelación.