Andriy Shevchenko
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Andriy Shevchenko | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Andriy Mykolayovych Shevchenko | ||
Alcume: | Sheva | ||
Data de nacemento: | 29 de setembro de 1976 | ||
Lugar de nacemento: | Dvirkivschyna, Ucraína | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | |||
Clube actual: | FC Chelsea | ||
Posición: | Dianteiro | ||
Altura: | metros | ||
Partidos internacionais: | 68 | ||
Goles: | 31 (selección) | ||
Ano do debut: | 1994 | ||
Clube do debut: | Dinamo Kiev | ||
Ano do retiro: | |||
Clube do retiro: | {{{cluberetiro}}} |
Andriy Mikoláiovich Shevchenko (en ucraníno: Андрій Миколайович Шевченко) (*Dvirkivshchyna, Ucrania, 29 de setembro de 1976), futbolista ucraíno, alcumado Sheva.
Debutou no Dinamo de Kiev, co cal xogou ao longo de 5 tempadas, alcanzando as semifinais da Liga de Campións da, 5 títulos de liga, catro copas de liga e individualmente o terceiro lugar na votación do Xogador do Ano en 1999. Tras boas actuacións fichou no AC Milán en xuño de 1999 por 26 millóns de euros, unha cifra récord para un xogador ucraíno.
Foi o máximo goleador na súa primeira tempada na Serie A 1999-00. Foi elixido máximo goleador da Champions League, con 53 goles, e coa posibilidade de aumenta-la en vindeiros anos, debido a que nesta última edición o seu equipo sucumbiu ante o Barcelona. O gol co que Shevchenko impuxo a marca, foi contra Oliver Kahn, gardamallas do Bayern Múnic. Superando ó anteriormente máximo goleador Raúl González (52).Tamén foi o máximo goleador na tempada 2003-2004 con 24 goles o cales axudaron ó Milan a gañar por decimoséptima vez a Serie A
No 2003 gañou a Liga de Campións co AC Milán, anotando o penalti que lle deu a vitoria. Fíxose tamén co Scudetto na tempada 2003-04 e co Balón de Ouro en 2005.
Caracterízase pola súa velocidade, potencia e precisión nos remates a porta, e é un dos mellores dianteiros de toda europa. Shevchenko, conseguiu se-lo mellor xogador da UEFA no 2004. Da súa mán, a selección Ucraína xogou o seu primeiro mundial, onde compartiu grupo con España, Túnez e Arabia Saudí. anotou o seu primeiro gol nun mundial en alemaña 2006, ante Arabia Saudita o 19 de xuño de 2006.
O 1 de xuño do 2006, o clube londinense Chelsea, fichou ao astro ucraíno por 51 millóns de euros. O dono do clube londinense, o multimillonario Roman Abramovic, sempre mostrou interese polo dianteiro, que marabilloo ao clube rossonero ó marcar 173 goles en 7 anos na entidade milanista, convertíndose no segundo máximo anotador da historia do clube. O xogador comentou que a súa decisión fora por motivos familiares, mais se di que Abramovic seduciuno cun grande cheque en libras esterlinas, amáis da oportunidad de xogar a carón de estrelas coma Arjen Robben, Frank Lampard, Didier Drogba, Petr Čech, Joe Cole, John Terry e a nova adquisición dos blues, o mediapunta capitán da selección de Alemaña, Michael Ballack, procedente do Bayern Munich.