American History X
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
É un filme estadounidense dirixido por Tony Kaye en 1998. Protagonizado por Edward Norton e coa participación de Edward Furlong, Beverly D'Angelo, Jennifer Lien, Ethan Suplee, Fairuza Balk, Avery Brooks, Elliott Gould e Stacy Keach.
A acción transcorre nos Ánxeles, Derek Vinyard (Norton) entra nun grupo neonazi tras a morte de seu pai, bombeiro, asasinado por unha banda mentres loitaba contra o lume nun barrio negro.