Ameland
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ameland (It Amelân en frisón) é unha illa ocupada pola municipalidade homónima. Forma parte das Illas Occidentais Frisonas, Frisia, nos Países Baixos. A maior parte do seu territorio está composto por dunas de area. Ten 273 km² de extensión, dos que 57'57 corresponden a terra firme, e 3.525 habitantes distribuídos na localidades de Ballum Buren (Bueren en frisón), Hollum e Nes.
[editar] Historia
A primeira mención en fontes escritas data do século VIII co nome de Ambla. Aínda que pagaba tributo a Holanda ata 1424, a illa permaneceu cun status de independencia ata a morte do último representante da familia gobernante da illa en 1708. Formalmente só forma parte do reino dos Países Baixos dende 1813, aínda hoxe o soberano holandés mantén o título de Señor de Ameland (Vrijheer van Ameland)
[editar] Lingua
A fala da illa é un dialecto de transición entre o holandés e o frisón: as autoridades académicas do frisón non sempre o consideran un dialecto da súa lingua.