Alexia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta é unha páxina de homónimos. Unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión. |
[editar] Alexia (nome propio)
Nome de muller da mesma familia que Alexandre e Alexis.
[editar] Alexia (lingüística)
Perda da capacidade de ler cando xa fora adquirida previamente. Xeralmente vai acompañada pola perda da destreza na escrita (agrafía), ainda que a persoa pode falar e entender a lingua falada.
Un dos casos máis famosos foi o descrito en 1881 polo neurólogo francés Joseph Jules Dejerine. Un exame postmortem do paciente amosou unha lesión no gyrus angular do hemisferio esquerdo e a sección esplénica do corpo caloso. Aínda que o suxeito dicía as palabras e as letras correctamente, éstas carecían de significado para el: era incapaz de unir o que dicía co modelo de son correspondente. Os pacientes que padecen alexia e agrafía non poden recoñecer as verbas que se lles soletrea en voz alta nen soletrear eles unha verba en voz alta.
As investigacións amosan que os nenos recupéranse mellor que os adultos tras dunha lesión cerebral, o que confirma a hipótese de que o hemisferio dereito dos nenos pequenos tén a capacidade para realizar as funcións da linguaxe cando o hemisferio esquerdo esta danado, porque en realidade a causa de todas as alteracións anteriores na infancia está estreitamente relacionada con disfuncións fisiolóxicas do cerebro. A característica máis común de todos estes trastornos é unha dificultade para facer secuencias correctas de letras, de sons ou de movementos. Recoméndase que o ensino terapéutico comece por exercicios sinxelos de unión de letras (dunha consoante seguida por unha vogal) e máis tarde, cando o neno domine este proceso, deberían introducirse exercicios máis amplos e que requiran secuencas auditivo-vocálicas.