Aleksei Xírov
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aleksei Xírov (Алексе́й Широв). Xadrecista nado en Letonia en 1972 de ascendencia rusa e con nacionalidade española (tras casarse cunha arxentina). Instalado definitivamente en Tarragona, ten un estilo de xogo moi agresivo, comparado moitas veces co do ex-campión do mundo Mikhail Tal. Chegou a ser terceiro na clasificación mundial, pero na acualidade (abril de 2006) ocupa o 18º lugar da lista con 2699 puntos ELO.