Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions User talk:Albert galiza - Wikipedia

User talk:Albert galiza

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Benvido(a) Albert galiza á Galipedia: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Se tes dúbidas consulta:

Tes a Taberna de Galipedia, onde podes pór as túas dúbidas, suxerencias ou comentarios.

Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de discusión, se non, non lle sairá a mensaxe de «Tes mensaxes novas» e é moi posíbel que non se decate da túa resposta. Así mesmo, non esquezas asina-las mensaxes que deixes nas páxinas de discusión (con ~~~~).

Boa estadía e bo traballo --Alyssalover(fálame) 15:59, 13 xaneiro 2006 (UTC)

  • Únome ao saúdo de benvida, espero que permanezas durante moito tempo connosco. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:04, 13 xaneiro 2006 (UTC)
  • Ola, xa está borrado o artigo que fusionaches co correcto Álvaro Cunqueiro. Vexo que estas cargando imaxes de escritores, está ben pero tes que indicar a licenza das imaxes, podes ver a lista en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe, tamén debes visitar Wikipedia:Política de uso de imaxes, para calquera dúbida podes ir á miña páxina de discusión e benvido á Galipedia, agardo que te sintas cómodo entre nós, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 14:55, 14 xaneiro 2006 (UTC)
  • Ola, benvido. Que tal? Alégrome de que colabores na Galipedia. --Xoán Carlos Fraga 17:08, 24 xaneiro 2006 (UTC)
  • Ola, revertín a Lista de reis suevos, o artigo portugués ten erros graves e ademais a bandeira é claramente unha recreación fraudulenta (nunca foi a bandeira do Reino Suevo), --Rocastelo(fálame aquí) 14:52, 18 marzo 2006 (UTC)
  • Os suevos non tiñan bandeira, no sentido actual do termo (noutros sentidos existen dende os exipcios ou antes), como non había unha bandeira romana ou visigoda. Os romanos máis que bandeiras tiñan estandartes (nas lexións) para identificar cada unidade militar. Foi durante a Idade Media cando comezaron a empregarse nas batallas para identificarse como parte do exército dun señor ou dun rei (En Europa, o caso de China xa é diferente). A primeira bandeira nacional, segundo a tradición, nun sentido estricto é a escocesa (século IX) aínda que non hai evidencia do seu uso (de xeito nacional) ata o XIV.--Rocastelo(fálame aquí) 15:29, 18 marzo 2006 (UTC)
  • O caso de Francisco Sanches (ou Sánchez) penso que é complicado, non todos aceptan que naceu en Tui, outros afirman que naceu en Braga (ou nalgún lugar da súa diócese), e dende logo parece que estudou alí, de alí era a súa nai (el procedía de familia de xudeus conversos) e nas súas obras hai referencias a Portugal, pero creo que ningunha a Galicia, o que reforzaría que de nacer en Tui foi por casualidade, ademais hai que ter en conta que el viviu, en parte, nun momento en que as coroas de Portugal e España estaban unidas. En definitiva os portugueses sempre o consideraron portugués, os españois español e eu dubido que el se considerase galego (pero esta é unha opinión persoal). --Rocastelo(fálame aquí) 15:49, 18 marzo 2006 (UTC)

Índice

[editar] Imaxes

  • Na imaxe Vistas_Aloia.JPG puxen a caixa de información, podes usar ese modelo en todas as imaxes que cargues no futuro variando os datos. É imprecindible que inclúas unha licenza, podes utilizar algunha das seguintes: {{PD}}, {{GFDL}} ou {{Cc-by-sa-2.1-es}}. A licenzas indican as restricións de uso: PD -> Dominio Público (sen ningunha restrición), GFDL -> é a licenza dos textos da Wikipedia, significa que quen usa a imaxe ten que recoñecer a autoría da imaxe, pode usala con fins comerciais e o documento no que a use pasa a ter a mesma licenza GFDL, Cc-by-sa-2.1-es -> unha das licenzas Creative Commons, permite copiar, distribuir e comunicar públicamente a obra, facer obras derivadas e facer uso comercial da obra. Escolle a que prefiras e engade ese marcador a todas as imaxes que cargues feitas por ti. No caso de que teñas dúbidas sobre cal escoller, escolle GFDL (posto que é a que estás aceptando para os textos que editas). Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:33, 24 abril 2006 (UTC)
  • Amañei a caixa de información para que a licenza GFDL estivera fóra, recuperei tamén o símbolo do copyleft. Supuxen que che daba algún problema, se o quitaches por propia vontade volve a eliminalo. Grazas por incluir a licenza. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:54, 24 abril 2006 (UTC)
  • Xa sabes calquera cuestión que che surxa podes contar con nós. No tema das imaxes é moi importante que vaia incluida a caixa de infromación cos datos de identificación e a licenza. Ademais tamén é moi importante se van ser republicadas en Commons (o repositorio de imaxes común a todos os wikis), agora hai un administrador galego alí Lmbuga e iso resulta moi útil. Volvendo á Galipedia estás facendo un bo traballo e se ademais carregas imaxes estás axudando a que completemos unha parte fundamental deste wiki (todo or referido os concellos galegos). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:15, 24 abril 2006 (UTC)
  • Outra suxerencia que non puxemos nas páxinas de axuda: ao carregar a imaxe na Galipedia, no formulario, sae a opción de renomear o ficheiro, nese momento é preferible cambiar o nome que asigna a cámara automaticamente por un nome que permita identificar máis facilmente a foto. Por exemplo DSCN2213.JPG podería chamarse Image:Igrexa_Parderrubias_2006.jpg ou Image:Igrexa_Parderrubias_Salceda_de_Caselas_2006.jpg (as segunda opción é un pouco longa pero máis precisa). Sempre que non che dea moito traballo facelo resulta mellor. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:31, 24 abril 2006 (UTC)
  • Para cargar unha imaxe en Commons primeiro tes que crear unha conta de usuario como aquí. Unha vez feito iso, no lateral esquerdo tes a opción Upload file para carregar as imaxes, aparece o formulario de carga: 1. en Source filename carrregas o ficheiro, 2. en Destination filename escribes o novo nome do ficheiro (no caso de que queiras cambialo), pode ser o mesmo máis a palabra taekwondo (alí o nome do ficheiro ten que ser moi preciso para que os colaboradores poidan identificar facilmente de que trata a imaxe), 3. en Summary pegas a caixa de información e a licenza que puxeches na imaxe aquí, despois diso engades [[Category:Taekwondo]] (na mesma caixa) (se queres comprobar antes as imaxes que hai na categoría taekwondo aquí tes o enlace). O resto dos campos deixalos tal como están. Para finalizar premes en Upload file e xa está. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:48, 25 abril 2006 (UTC)
  • Saludos. Veo que estás traduciendo el artículo de la Revuelta de la Plaza de Tian'anmen (aunque no sé si del español o directamente del inglés). Si es el primer caso, te aconsejaría que te asegurases de que títulos de los políticos y el nombre de las instituciones es correcto, porque a medida que he ido traduciendo otros artículos de política reciente china he descubierto que en los primeros artículos no di con los nombres adecuados, y la Revuelta de la Plaza de Tian'anmen fue el primero que traduje. Tengo en mente revisarlo a fondo, pero por ahora es posible que haya errores. Bueno, sólo quería avisarte de esto y felicitarte por haber elegido un tema tan interesante. --Chabacano (Discusión en la wiki en español)
  • Ola Albert. Gustáronme as túas imaxes de Tui. Subín algunha a Commons, podes velas en Commons:Tui. Vexo na túa páxina de discusión que Prevert che indicou como subir imaxes a Commons. Sobre iso só dicirche que as imaxes feitas en Galicia poden colocarse en Commons:Category:Galicia.--Lmbuga 23:18, 2 maio 2006 (UTC)

[editar] Previsão

Por favor, utilize o botão mostrar previsão/amosar vista previa com mais frequência. Estás inundando os cambios recentes. --Slademsx 03:31, 13 maio 2006 (UTC)

[editar] Article request

Hello. Could You translate article about en:Katowice in en:Poland into Your GL-language ? Please help to translate. I want to get this article into all possible languge. So far there is alomost 80 language version (also Spanish).

Best Regards Stimoroll

[editar] Moitas grazas pola túa benvida

A verdade é que cada pouco de tempo que vai transcorrendo isto me gusta máis e máis.

Me resulta moi gratificante que tanto ti coma outra moita xente esteades a recibirme con tanto agarimo. Moitas grazas novamente =:)

Pois si, semella que o do fútbol escocés se me vai dando bastante ben e é que todo o que poida estar vencellado con Escocia me interesa moito. Caín namorado dese sitio e non o podo remediar. Hehe.

Un saudiño, meu =:)

--Grixandermor 15:25, 21 maio 2006 (UTC)

[editar] Parabéns

  • Parabéns polo traballo que estás a facer na Galipedia e moitas grazas pola túa colaboración. Necesitamos moitos colaboradores coma ti. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:57, 21 maio 2006 (UTC)
  • Ola, Albert. Súmome aos parabéns de Prevert, fas un bon traballo. Só che quero indicar que canal é tan válido como canle. Un saúdo. --Xoán Carlos Fraga 17:58, 21 maio 2006 (UTC)
  • Non vaias a suspender pola nosa culpa, así que confio en que aprobes e logo volvas con máis forza a colaborar na Galipedia ;-) Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:08, 21 maio 2006 (UTC)


[editar] Template serie de tv

  • Creo que habería que crear un parecido a {{Template:FichaFilme}}, vou mirar o enderezo do que está en inglés para que poidas tomalo de exemplo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:45, 23 maio 2006 (UTC)
  • Aquí tes o enlace: en:Template:Infobox Television. Segue a mesma liña que FichaFilme, quizás fora mellor que se chámase FichaSerie para lembrar mellor os dous templates. Estas versións teñen a vantaxe de que se un campo non existe, non queda baleiro, senón que xa non se visualiza. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:49, 23 maio 2006 (UTC)
  • Xa che axudo eu a traelo e logo continuas ti. Saúdos. --Prevert(talk) 14:58, 23 maio 2006 (UTC)
  • Xa está, xa podes continuar. Agora queda movelo á FichaSerie, se non o fas tes que cambiar onde apareza FichaFilme por Serie de TV. Outra cousa que hai que facer é cambiar os parámetres en inglés polos galegos (son os que están dentro de tres pares de chaves). No caso de sobre algún eliminalo. Hai que ter coidado que os parámetros coincidan logo cos que se van inserir na páxina. O que se insire na páxina é:
{{FichaSerie
| show_name          = 
| image              = 
| caption            = 
| format             = 
| camera             = 
| picture_format     = 
| runtime            = 
| creator            = 
| developer          = 
| executive_producer = 
| starring           = 
| narrated           = 
| opentheme          = 
| endtheme           = 
| country            = 
| network            = 
| first_aired        = 
| last_aired         = 
| num_episodes       = 
| website            = 
| imdb_id            = 
| tv_com_id          = 
}}
Fíxate que dentro do template vai entre as etiquetas <noinclude></noinclude>, iso significa que non forma parte do template, só é un exemplo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:11, 23 maio 2006 (UTC)
  • Polo xeral sempre quedan por facer axustes, de feito corrrixín algunha cousa e de seguro que queda algunha outra. A tradución de Promotor non é corecta pero agora non se me ocorre unha palabra mellor. O campo tv_com_id depende doutro template que teñen na wikipedia inglesa. En en:Template talk:Infobox Television hai instrucións e exemplos de uso do template. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:44, 23 maio 2006 (UTC)
  • Na parte superior hai un código que determina o estilo da táboa: style="width: 20em; font-size: 90%; float:right; border: #666666 1px solid; background-color: #f6f6f6; margin:10px;". A ordes correponden a etiqueta style, float:right fai que a táboa estea na dereita e background-color: #f6f6f6; é a cor. Os parámetors separanse polos dous puntos : e os valores son right para a a dereita e #f6f6f6 para a cor. O resto dos datos teñen que ver co borde e a separación. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:57, 24 maio 2006 (UTC)
  • Engadín o teu punto no mapa porque faltaba poñer isto {{PontoMapa|152|477|Salceda de Caselas : Albert galiza}}, pero o punto non sae no seu sitio. Debe estar mal feito o cálculo das coordenadas. Comprobáo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:37, 24 maio 2006 (UTC)

[editar] xenocidio armenio

Ante todo saúdos por primeira vez. Avísote porque xenocidio armenio avísame dun conflito de edición e parece indicar que es ti quen está actualmente. É para non esquecer, por se o queres saber: masacre é masculino, o masacre. Grazas polo teu traballo. --Sobreira 18:40, 31 maio 2006 (UTC)

[editar] Bold

Alberte, eu acho que Sonata Arctica tem muitos negritos. Proponho a retirada de alguns. --Slademsx 16:18, 5 xuño 2006 (UTC)

Presente: {{SOAD}} ;D --Slademsx 17:54, 7 xuño 2006 (UTC)
Desculpe se criei, não sabia que você queria ter feito. É assim: digite Template:Exemplo no campo de busca, na caixa de endereço (do seu browser) ou pelo texto (Template:Exemplo). Such a lonely day --Slademsx 19:20, 7 xuño 2006 (UTC)


A función do Moderador está relacionada con outros aspectos da xestión da Galipedia. En canto vexa a mensaxe outro administrador fusionará os artigos que solicita. Saúdos. --Moderador 15:40, 19 xuño 2006 (UTC) Quería dicir fusionar os historiais dos artigos que solicita eliminar. --Moderador 15:43, 19 xuño 2006 (UTC) Debémoslle dar a gardar no mesmo momento. Cando se fusionan dous artigos logo hai que fusionar os historiais, iso só o pode facer un administrador e implica borrar o artigo de destino, mover o artigo orixe, restaurar o artigo borrado e logo recuperar a última versión válida do artigo. --Moderador 15:48, 19 xuño 2006 (UTC)

  • Vin a mensaxe que lle deixaches a Moderador, é un administrador especial polo que hai cousas que non pode facer, para calquera xestión ou consulta pódeste comunicar co resto dos administradores: Prevert, Lmbuga, Xelo2004, Rocastelo, tamén Agremon e Alyssalover que por diversos motivos nestes momentos aparecen menos, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 17:09, 19 xuño 2006 (UTC)


[editar] Categorías

Os artigos vencellados a Galicia teñen un estatus especial. A categoría Historia de Galicia descende directamente da categoría de Historia. Como os ríos de Galicia que deben descender de ríos. --Adalbertofrenesi(fala) 21:44, 19 xuño 2006 (UTC)

[editar] Clasificación dos marcadores

Comecei co sistema de clasificación dos marcadores que solicitabas nunha das mensaxes, polo de agora é provisorio e incompleto. Aquí tes unha relación de todos os templates que hai na Galipedia. Se queres participar no desenvolvemento do sistema de clasificación dos marcadores, que toma como exemplo o que hai en inglés, estaríamos encantados de ter a túa axuda. En todo caso calquera suxerencia que se che ocorra será benvida. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:57, 23 xuño 2006 (UTC)

  • Grazas por botar unha man, un apunte sobre como se pon a categoría a un template, como exemplo o seguinte código: <noinclude>[[Category:Caixas de navegación de parroquias de Galicia|{{PAGENAME}}]]</noinclude> iso significa que a categoría non se vai incluír (noinclude) na páxina que teña inserido o template. Se non se fai así a categoría tamén se engade na páxina. Se se quere que o template inclúa unha categoría (non se recomenda incluir categorías nos artigos mediante templates pero si no mantemento) hai que escribir a categoría entre as marcas <includeonly></includeonly>. En canto á clasificación alfabética úsase {{PAGENAME}} para que colla o nome da páxina e desbote o termo Template: pero no caso de concellos que teñan A, O, As, Os hai que escribilo directamente, exemplo<noinclude>[[Category:Caixas de navegación de parroquias de Galicia|Carballiño]]</noinclude>. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:11, 23 xuño 2006 (UTC)

[editar] Partidos Políticos

Dis que os partidos políticos deben estar co nome orixinal, pero entón que facemos cos partidos non españois?: por exemplo, a Fronte Nacional francesa esta en galego, así como o partido comunista francés ou o partido republicano dos EEUU...Algo hai que facer: se cadra poñer os dous nomes... non sei. User: Norrin strange

  • Con respecto á primeira pregunta dicir que eu só vexo calificados os templates, quizais fose algo temporal que despois xa se corrixiu. Agora está ben como o fixeches. Outra cousa que se recomenda para os que poidas facer no futuro é que o <noinlude> ou o <includeonly> esté unido ao último código do template, exemplo se é o final dunha táboa |}<noinlude> é para evitar certos problemas do software. En canto á pregunta dos partidos políticos non me fixara niso. Penso que é correcto que os españois estean co nome orixinal e os estranxeiros coa tradución, non obstante é mellor que o confirme Rocastelo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:19, 23 xuño 2006 (UTC)
  • Ola. En realidade o tema dos partidos políticos non saiu a debate que eu recorde, ata agora, por exemplo, nos artigos que eu fixen a diferenza non estaba en españois ou estranxeiros senón partidos políticos que actúan ou actuaron en Galicia e os que non. Para os partidos políticos que actúan ou actuaron en Galicia penso que se debe respectar o seu nome oficial, así temos a Unión do Povo Galego por ser esa a súa forma oficial igual que Frente Popular Galega, aínda que empreguen formas non normativas. Se en Galicia o PSOE utilizase a forma oficial Partido Socialista Obreiro Español esta debera ser a que empregasemos na Galipedia pero que eu saiba non é así, senón que a forma oficial é en castelán (Partido dos Socialistas de Galicia-Partido Socialista Obrero Español). Quizais o mellor será adoptar esa política (a dos nomes oficiais) para os partidos que actúan en España xa que por exemplo nos partidos nacionalistas doutras comunidades tampouco hai tradición de traducilos Eusko Alkartasuna non se adoita traducir por Solidariedade Vasca, nin sequera Convergència i Unió aparece como Converxencia e Unión e o mesmo pasa cos pequenos partidos estatais que apenas teñen presenza en Galicia. Para os nomes dos partidos de fóra de España si se deben traducir xa que iso é o habitual nos medios de comunicación galegos e noutras linguas, agás casos concretos que non se traducen en ningunha lingua como os casos dos principais partidos irlandeses. Se che parece ben esa política podemos traballar nesa dirección para facer unha proposta oficial, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 19:58, 23 xuño 2006 (UTC)

[editar] Caixas de información

Por exemplo {{Concello info}}. Son aqueles templates que sirven para engadir información nos artigos, xeralmente situados no lateral dereito. Nesa categoría non creei as subcategorías pero non só estarían os de xeografía, os relacionados cos planetas tamén, coas series de televisión e as películas por exemplo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:35, 25 xuño 2006 (UTC) Como os nomes das categorías son provisorios, se queres clasificar algúns crea ti as categorías e logo xa unificaremos os nomes cun bot. --Prevert(talk) 18:38, 25 xuño 2006 (UTC)

  • Ola que tal, queriache consultar sobre unha imaxes que cargaches ti, como é longo de contar se podes activar o correo electrónico nas preferencias sería máis doado de facerche chegar os comentarios.--Rocastelo(fálame aquí) 12:59, 2 xullo 2006 (UTC)
  • Estás sen rexistrar polo que non creo que teña que ver coas opcións das túas preferencias, se unha vez rexistrado segue igual preme en Voltar as preferencias do inicio.--Rocastelo(fálame aquí) 18:08, 2 xullo 2006 (UTC)

[editar] Tradución artigo Guerras médicas

Moitas grazas polos teus parabéns. Vin a túa suxerencia para traducir o artigo Guerras médicas. Vexo que actualmente está en tradución. Supoño que podo empezar sen máis reparos xa que o artigo inda está completamente en Francés. É un artigo longo, non sei cando o darei rematado pero non me importa, é un tema que me interesa. Sabes se o debería someter a revisión unha vez traducido todo (ou parte del)? Como se faría isto? Algunha suxerencia en particular? Grazas!!

Henrique Pereira Pregunta estúpida: Como facedes para por a hora e a data automáticamente? Ou non hai forma de facelo?

  • Grazas outra vez polo teu traballo. Resulta abraiante a calidade dos colaboradores que hai neste momento na Galipedia e o extraordinario traballo que estades facendo. Boa idea a que propós na taberna. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:01, 13 xullo 2006 (UTC)

[editar] Parabéns

Excelente traballo o que estás facendo. Para min, persoal e profesionalmente é moi interesante. Sígote con gusto. Se algo precisas de min, non dubides. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 23:39, 13 xullo 2006 (UTC)

[editar] request - Galician

Hello. I have got one request for you. I need sentence "sugar in 370 languages" in Galician (I want to do a logo of my site). So, can you write me what`s called sentence "sugar in 370 languages" in Galician language? Thank you very much! Szoltys

Thank you very much! If you want see my collection of "sugar", you can enter here. If you can, please do a questionnaire "where are you from" on this site. :-) Best regards, Szoltys

P.S. If I can do something for you, please write me and I will do that.

[editar] Image:Gouvernement provisoire.jpg

Ola Albert, esqueciches indicar a orixe da foto do título. Ademais ten dúas licenzas, poida ser que estea confundido, pero así presentadas seméllanme incompatibles, pois a primeira non ten restricións e a segunda si. Agradézoche que mires de amañalo, ou se queres, aportándome algún dato, podo miralo eu. Grazas. --Lmbuga Commons - Galipedia 12:17, 18 xullo 2006 (UTC)

  • Xa vin que tiñas razón. Coloquei a orixe da foto (http://fr.wikipedia.org/wiki/Image:Gouvernement-provisoire.jpg) nos datos da mesma. Vou preguntar a algún usuario con máis experiencia ca min se algunha vez viu tal cousa. Ó mellor estou confundido (o cal sería unha sorte porque así aprendo algo máis sen meter moito a pata), pero, sabendo o que teñen de diferencia as dúas licenzas, é incomprensible que se presenten xuntas.

Vou preguntarllo a Prevert, con todo, se está así na wikipedia francesa, quede claro que ti non cometiches ningún erro, iso si, pon normalmente enlace á páxina da que recolles a imaxe.

Inda que cometeses ou cometas moitos erros, quede claro que as túas aportacións son moito máis relevantes e importantes cós erros que cometiches e que podes cometer sen querer no que resta de ano; cando menos, para min que te sigo asiduamente (por pracer, que non por vixiar).

Desexo tamén agradecerche a resposta e o ton da resposta. Dá gusto tratar con xente que traballando tanto como traballas ti (e sen nada a cambio) sigan sendo humildes (iso é o que eu percibo) e tendo un trato natural. POlo mesmo, a ti, máis do que a ninguén, che digo que me tes para o que desexes. Conta comigo estou á túa disposición. Unha aperta --Lmbuga Commons - Galipedia 00:30, 19 xullo 2006 (UTC)

[editar] Antroponimia

Ola, Alberte. Creo que a mellor idea con respecto ós artigos sobre nomes propios é crealos dentro de, por exemplo José (antroponimia), porque me parece que teñen valor enciclopédico e é unha pena que, ó estar en {{homónimos}}, non figuren como artigos. Así, por exemplo, no nome Adriano, podería haber unha páxina de homónimos con Adriano, emperador e Adriano (antroponimia). Creo que é a mellor opción. Bueno, paréceme que estás a facer un traballo "faraónico" con Segunda República Española e Mundial de Fútbol Alemaña 2006. Saúdos. --O TinContradíceme se te atreves 19:01, 19 xullo 2006 (UTC)

[editar] Template:Pe

Desfixen a edición que fixeras en Template:Pe porque se usa para arquivar debates. O Template:Cab colócase de cabeceira e o Template:Pe serve de peche. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:09, 31 xullo 2006 (UTC)

O minarquismo existe dentro da teoría política, é un termo político referido ós defensores dun estado mínimo, o artigo en inglés é en:Minarchism--Miñato 13:46, 6 agosto 2006 (UTC)

  • Desfixen o cambio que realizara en Template:Política. Comunícollo tamén a Miñato. Lerei o artigo, pois descoñezo o termo. Grazas polo aviso. Saúdos --Lmbuga Commons - Galipedia 18:26, 6 agosto 2006 (UTC)

[editar] Image:Lost screencap apertura.jpg

Marquei a imaxe coa etiqueta {{PendenteImaxe}} indicando dúas carencias, non hai ligazón á orixe de pt.wiki e a licenza carece dos datos necesarios, a licenza podería ser algo así:

{{GFDL-user-w|pt|Wikipedia portuguesa|Nome de usuario sen a palabra User: }}

Así a todo, teño a impresión de que esa imaxe é unha violación do copyright e que debeu de ser borrada por ese motivo de pt.wiki (non a encontro alí). Os programas de televisión teñen copyright. De non encontrarmos unha orixe que indique que están permitidas as obras derivadas e o uso comercial a imaxe debe ser borrada.

Sinto ser eu o repartidor destas noticias, non é agradable; sempre temo que unha nova así faga pensar ó usuario que a recibe que o seu traballo está recibindo críticas, e non é o caso. Son cousas que pasan, de non moita importancia -moito máis importante é o traballo que ti fas-, e que hai que solucionar pois a presenza de violacións dos dereitos de autor na Galipedia (neste caso aínda é 'posible presenza') pon en risco o proxecto. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:27, 15 agosto 2006 (UTC)

[editar] Sabela -> Isabel

  • Compañeiros, perante a todo non hai que deixar que o sangue chegue o río (que xa dabondo ten con levala auga). Nun dos apartados nas normas da Galipedia, no trocante a biografias expresase o seguinte "Por regla xeral, respétase a lingua orixinal: só se galegizan os papas, santos, monarcas e membros de casas soberanas, ademáis das personaxes galegas falecidas; sen e cando o personaxe fose coñecido por un pseudónimo ou alcume, éste leva a unha remisión á voz onde se desemvolve. Os personaxes portugueses e brasileiros ordéanse polo segundo apelido. Tralo nome inclúese entre paréntese o lugar e data de nacemento e, separado por un guión, o lugar en data de morte. Nembargantes existen algunas excepcións nestes apartados e datas nas que se soe sustituilas por unha interrogante; no caso de que o lugar de nacemento sexa o mesmo que o de morte, éste non se repite.". Voltando o caso de Sabela, de feito o termo (mo unha das excepcións máis non está proposto como nome galego pola RAG e tampouco a ILGA parécese interesar por él; máis que nada por se un antropónimo feminino que procedencia hebraica (Elixeba) no cal se refería o Deus do xuramento ou da perfección; pola cal adoitase a usala variante Isabel. Tan són sería recoñecido o nome de Sabela como a deficinión dun peixe da familia dos clupeídos, perante a se máis coñecido polo nome de Zamborca. Agardo que ista explicación che sirva de axuda para resolvela dúbida.

PD: O que si o desexas é que podes incluir o termo Sabela dentro do artigo Isabel (agregando o seguinte: "as veces os autores tamén a sóen coñecer baixo o nome de Sabela"; pero respetando o nome principal: Isabel).Un saúdo.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 13:58, 26 agosto 2006 (UTC)

[editar] wikisource

Por que non añades unha ligazón a wikisource? E que estou a trasducir alí a constitución do 31. Un saúdo, e parabéns polo artigo.--Norrin_strange (Talk) 12:33, 27 agosto 2006 (UTC)

  • Mellor clasificar o tempkate:conflito... como "Caixas de información sobre historia", non che parece?--Norrin_strange (Talk) 12:13, 4 setembro 2006 (UTC)

[editar] Template:Río info

Temos un Template:Río info, é mellor redirixir Template:Río ao primeiro e arranxar alí as novas opcións (cando se fixo ese template non existía a posibilidade de ocultar aqueles campos que estiveran baleiros). En canto a poñer a información de uso como unha subpáxina tendo <noinclude></noinclude> pode poñerse na mesma páxina do template. Facelo así facilita o mantemento. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:55, 5 setembro 2006 (UTC)

[editar] Wikipedia:Xornal da Galipedia

Ola Albert galiza! Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)

[editar] Metallica

Ola Albert, creo que estabamos traballando os dous o artigo ó mesmo tempo. Non me dei conta de que pisaba o teu traballo ata que vin os cambios recentes. Creo que incorporei o que ti puxeras e eu pisara. Perdoa. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 13:00, 19 setembro 2006 (UTC)

[editar] Image:1936 cartaz Olimpíadas.jpg

Ola Albert. Propuxen unha imaxe que ti subiches para borrar. Doume perfecta conta de que ti non cometiches erro ningún. Fiácheste de que estaba en pt.wp e colocaches a licenza que alí tiña. Así a todo semella imposible que a imaxe estea no dominio público, tal como expreso aquí. Farei a mesma observación en pt.wp e preguntarei ó usuario que alí a subiu pola data da morte do autor.

Se o autor morrese en 1936, a imaxe estaría no dominio público o 1 de xaneiro de 2007 (poderiamos adiar o borrado), parece raro que morrese en 1935, inda que quizais sería posible.

Como a min, supoño que che parecerá excesivo este celo que parezo ter polos copyrights. Descúlpame se non compartes o meu punto de vista. Considero que é crucial para a estabilidade do proxecto que non atentemos contra a lexislación existente, pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público. Ese é en realidade o motivo que me move. A miña opinión persoal, como comprenderás, non podo aplicala e teño que reservarma.

Se foses quen de dar coa data da morte do autor, agradeceríache que ma indicases. Eu non fun capaz. Agradézoche tamén calquera axuda que poidas desenvolver no control das imaxes, así como a insubstituíble colaboración que estás a realizar na Galipedia. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:41, 24 setembro 2006 (UTC)

[editar] motorhead

hello, do you speak english?? --82.53.62.221 18:34, 27 setembro 2006 (UTC)

  • I don't speak english very well.--AlberteSi, digame? 18:51, 27 setembro 2006 (UTC)

can you "system" the voice Motorhead? (example; grammar, discografie ecc...), because i'm not galego :) thanks more--82.53.62.221 19:02, 27 setembro 2006 (UTC)

[editar] Sobre o artigo de Humberto Baena

Vejo que entre os teus interesses está fazeres um artigo sobre o Humberto Baena. Desejo-che muita sorte e oxalá o faças em breve tempo ;-)

Por se che pode ajudar, aqui vai uma entrevista que publicaram em Vieiros à sua irmã, Flor Baena.

Parabéns polo teu trabalho.

--Gerardinho2000 00:18, 22 outubro 2006 (UTC)

[editar] fr:Image:15avril1931presse.jpg

Ola Albert. Perdoa pola tardanza. Pero as circunstancias da imaxe son moi complicadas. A imaxe contén materiais que están suxitos suxeitos a dúas lexislacións: a norteamericana (polo New York Times) e a española (polo Abc e o socialista). Ademais está na Wikipedia francesa polo que tamén hai que ter en conta a lei de Francia. Eu non son xurista, procurei resposta nun amigo e viuse desbordado. Das tres lexislacións a española debe de ser a máis estrita. Esta fin de semana vou ler a lexislación española ó respecto. Teño idea de que lle podería afectar a esa imaxe unha lei previa á actual. Posiblemente o domingo poida darche unha resposta máis concreta. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 17:39, 25 outubro 2006 (UTC)

[editar] GFDL

A licenza GFDL nun dos seus puntos sinala que debe recoñecerse a autoría, cando se trata da tradución dunha páxina que procede doutra Wikipedia pode facerse de varios xeitos: poñendo unha ligazón no resumo ao artigo orixinal, indicar no resumo de que versión do artigo procede (o enderezo pode buscarse no historial), outra posibilidade é escribir no resumo que é unha tradución e indicando a Wikipedia da que se trata. Saúdos. --Moderador 18:15, 27 outubro 2006 (UTC)

[editar] Futbolistas escoceses

Con Prebot movín todos os artigos dunha categoría a outra. Cando atopes un caso semellante se queres podes avisar na páxina de discusión de Prebot para que faga o traslado o bot. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:21, 23 novembro 2006 (UTC)

[editar] Chejov

Graciñas, xa me parecía raro que non houbese nada pero non entendo o uso de Chekhov na vez do comunmente aceptado Chejov o cal dificulta moítisimo a súa busca. Tampouco entendo a categoria de escritores ...en ruso xa que estes adoitan a usar moito idiomas como o francés..., estarían eiquí ou na de escritores en lingua francesa. Algo parecido a isto pasoume con unha aportación de Itálica (cidade) na que se busco o artigo por itálica me redireciona directamente a tálica tipo de letra non atopando a páxina de Itálica (cidade) ¿é correcto esto? pq non parece m oi útil non?. Pasando o tempo con esa aportación vin que se galeguizaran os nomes do emperadores romanos Hadriano ou Traxano, polo qque termino perdendome mais todavía. Son novo e non querería facer cousas a marxe dos criterios xerais pero non chego a entendelos e nunca se me ocorrería buscar a Chejov por Chekhov ou a Itálica por Itálica (cidade). GRacias por avisarme e escoitarme e se son moi pesado perdoa. --Lansbricae 23:32, 24 novembro 2006 (UTC)

Vale, xa vin que o que fixen eu ti o desfixeches, pero me parece a min que o de Chekhov é un anglicanismo pq os anglosaxóns non teñen o son gh ou o j castelán e o sustituen por esa grafía, e o artigo é unha mera tradución (carece de sentido nalgúns casos) doutra wikipedia. Respetara o formato e o contido. Non borrara nada e tí o eliminaches todo e nin sequera me contestas antes. Ti mesmo. A literatura rusa será o teu feudo. Non te preocupes que non volvo a tratar de aportar nada do tema, e cando se me de por pensar nelo collerei un bo libro de Gogol, Gorki ou o propio Chejov na vez de intentar aportar algo a galipedia neste tema, xa que semella que o que aquí importa nalgúns casos é o ego e o número de artigos como se fosen "almas mortas" que se unen a terra nas ventas. ¿Cómo se escribe Dostoievski en galego? ¿Liches "El Idiota"? Con Deus amigo, sen rencor. --Lansbricae 15:44, 25 novembro 2006 (UTC)

O que o debe de sentir son eu o interpretar mala fe onde non a houbo. Cando me dixeches da existencia do artigo comecei a aportar nel pequenos datos borrando o contido do artigo paralelo que creara. Cando o día seguinte fun mirar non vin nada do aportado e acuseite do defecto que tiña eu. En "O Idiota" o protagonista é unha persoa que carente de maldad nin amor propio enfréntase a sociedade sendo tildado por ela de idiota cando os idiotas eran o resto. Neste caso eu si que me comportei coma un verdadeiro idiota, polo que reitero as miñas desculpas e agradezco que trataras de votarme unha man co artigo e remato pedíndote que non deixes de correxirme e interactuar conmigo cando o consideres oportuno. E todo no artigo dun escritor que sempre tratou de ser mellor persona que famoso escritor. Gracias.--Lansbricae 20:19, 26 novembro 2006 (UTC)

[editar] 20.000 artigos

Ola Albert galiza. Como xa sabes, a Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos. Este feito posibilítanos ollar con perspectiva a evolución do wiki e decatarnos de que estamos nunha etapa crucial no desenvolvemento do proxecto galego e da comunidade de usuarios da Galipedia. É o momento de celebrarmos que o esforzo realizado por múltiplos e heteroxéneos usuarios está a dar un froito que cando se iniciou o proxecto semellaba utópico e que nos permite albiscar un futuro inda mellor.

Como celebración do éxito que supón acadar esa cifra, inconcibible sen a colaboración daqueles compañeiros que, coma ti, están fortemente implicados no proxecto, están á túa disposición os seguintes novos espazos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando o teu parecer en Wikipedia talk:20.000 artigos. Grazas pola túa colaboración e a túa compañía --Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:19, 6 decembro 2006 (UTC)

[editar] Re:La Voz de Galicia

Grazas. Mais o mérito é de todos. Eu só actúo como representante. Creo que o artigo está ben, inda que se personalizou moito en min e eu na entrevista procurei non ser moi visible. Esperemos que sirva para darlle maior forza ó proxecto. Unha aperta--Lmbuga Commons - Galipedia 16:17, 7 decembro 2006 (UTC)


[editar] Grazas

Vale, grazas. Tereino en conta.

Saúdos.

[editar] Re: Sobre o blog da Galipedia

Desculpa o retraso na resposta. Nos próximos días intentarei escribir algo. Grazas pola colaboración e tamén polo artigo no teu blog. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:39, 11 decembro 2006 (UTC)

Tes que velo en páxinas onde se comparan versións dos artigos. Proba nesta. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:46, 14 decembro 2006 (UTC)
Fixen unha corrección na organización do código porque semellaba que non ía del todo ben. --Prevert(talk) 19:36, 14 decembro 2006 (UTC)
Xa, non podo desfacer a edición recén feita, teño que ir a anteriores edicións para que me poña desfacer, pero se desfago a páxina volve varias edicións atrás. Non sei se me explico.--AlberteSi, digame? 19:40, 14 decembro 2006 (UTC)
Si, dalle a actualizar a páxina para que cargue o novo javascript e debería funcionar correctamente. --Prevert(talk) 19:55, 14 decembro 2006 (UTC)
Acabo de probalo en Galilibros e semella que non ten problemas. Pode ser algunha cousa da versión do navegador. --Prevert(talk) 20:10, 14 decembro 2006 (UTC)

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu