Alberte II de Bélxica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alberte II é o rei dos belgas desde 1993, tras a morte do seu irmán Baudoin. Fillo de Leopoldo III de Bélxica e da súa primeira muller, a princesa Astrid de Suecia, naceu o 6 de xuño de 1934 no castelo de Stuyvenberg, en Bruxelas. Casou en 1959 na capital belga con Donna Paola Ruffo di Calabria. Xuntos tiveron 3 fillos:
- O príncipe herdeiro Philippe, duque de Brabante
- O príncipe Laurent
- A princesa Astrid, casada co arquiduque Lorenz de Austria-Este.
Reis dos Belgas | ||
---|---|---|
Segue a: Balduíno I de Bélxica |
Alberte II de Bélxica (1993-actualidade) |
Precede a: actualidade |
Saxe-Coburg-Gotha |