Alba, Piemonte
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alba é un concello da provincia de Cuneo, Piemonte, Italia, a carón do río Tanaro. No ano 2001 tiña 29.759 habitantes
[editar] Historia
Fundada polo cónsul romano Pompeius Strabo co nome de Alba Pompeia. O emperador Pertinax naceu nela. Na Idade Media foi conquistada polos longobardos e os árabes.
No século XII convértese nunha comuna, uníndose á Liga Lombarda. Na Idade Moderna foi desputada por España e Francia. Polo Tratado de Cherasco entrou definitivamente no reino de Savoia
[editar] Arquitectura
Da época romana quedan os restos dunha porta fortificada romana e restos de mosaicos e mármores. O palazzo comunale é do século XIII e do século XV data a catedral